Mobilización , en apoio ao Sector Leiteiro

Mañá XOVES 3 de SETEMBRO de 2015 a Plataforma en defensa do Sector Lacteo Galego ten convocada unha Xornada de Mobilización na cidade de LUGO. Esta Xornada comezará a partir das 11:30h, cando desde a zona O Palomar centos de tractores subirán ate a Ronda da Muralla, a cal estará ocupada polos tractores ate as 17:00h.

Ás 13:00h haberá unha MANIFESTACIÓN de apoio ao sector con SAÍDA desde o EDIFICIO MULTIUSOS DA XUNTA DE GALICIA, sito na Ronda da Muralla. Igualmente está previsto o peche de comercios a partir das 12:00h e até as 14:00h.

Facemos un chamamento a todos aqueles e aquelas que poidades o participar nesta Mobilización , dado que o Sector Leiteiro é estratexico para o desenvolvimento do noso medio rural e tamén na economía de Galiza e da provincia de Lugo.

Desde a Plataforma tamén se pide ao conxunto de viciños e viciñas de Lugo que sexan compresivos coa moboilización diante das molestias que poida causar