O pasado sábado 18 de xullo de 2015, integrantes da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, acompañados por habitantes de varias parroquias do Concello de Castro de Rei, realizaron un roteiro reivindicativo do trazado histórico do Camiño Norte de Interior ou de San Rosendo que percorre este concello.
O lugar de partida foi o Castro de Viladonga, onde no seu museo nos deu a súa bendición o propio San Rosendo, emulado polo polifacético escritor Xosé Manuel Carballo, e ao cal puxo voz o exdirector do museo Felipe Arias.
Sobre ás 10 da mañá iniciouse a camiñata con destino aos Lagos de Teixeiro (uns 17 Qm. en total), pasando por diversos lugares de importancia que asentan a este trazado como o histórico ou tradicional: O Curro, O Pontello do Busto, Paraños, Ludrio, Mesón de María, Igrexa de Mondríz, O Pacio, Duancos e a Ponte sobre o Rego Guimarás entre outros.
Tendo en conta na época do ano na que nos atopamos consideramos que a participación foi un éxito, sobre todo no que se refire á implicación da poboación local neste acto, que non fai máis que reinvidicar o trazado dunha ruta que pasa dende tempos inmemoriables polo seu concello e que agora o Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente a quere sinalizar polo veciño de Pol a través do proxecto “Caminos Naturales”.
Deixa unha resposta