Estimados amig@s:
Como xa vos informamos nun correo anterior, a Sociedade Micolóxica Lucus organiza para o vindeiro 7 de xuño (domingo) o IV Encontro sendeirista e cultural Lucus a Pé ao que vos queremos convidar.
Este ano ofrecemos un novo percorrido, por unha zona natural espectacular, mantendo o paso polos monumentos máis emblemáticos da cidade de Lugo, nunha ruta de dificultade baixa, apta para calquera persoa. Ademais, teremos 2 opcións de distancia, unha con 12,2 e outra de 17,7 Km, que se pode elixir sobre a marcha.
Haberá tamén un acto de recreación histórica, tamén inédito, unha comida de campo, un sorteo de diversos artigos entre os participantes e todo o evento será gratuíto para as asociacións.
Estamos a traballar moito para que sexa, como nas anteriores edicións, un grande evento no que todos os participantes desfruten do percorrido e nos gustaría contar coa vosa presenza.
Tedes toda a información sobre a ruta na web: info ou por teléfono no 676750812.
Adxuntamos boletín de inscrición, cartel e folleto informativo.
Nesta ligazón tedes toda a información para inscribirvos e un formulario online para efectuar la inscripción:
http://www.smlucus.org/lucusape/inscribete.asp
NOTA IMPORTANTE: Se enviades o boletín de inscrición cuberto por email (é un pdf reenchible) tédelo que gardar despois de cuberto e antes de enviar, senón chegaranos baleiro.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 1 DE XUÑO DE 2015 (pregamos encarecidamente a inscrición antes desta data)
Agardámosvos en Lugo o domingo 7 de xuño no Lucus a Pé!
Deixa unha resposta