download?mid=2%5f0%5f0%5f1%5f1221264%5fAJoJDNkAAaQYVUx3sAxEoCbIF8c&m=YaDownload&pid=2&fid=Inbox&inline=1&appid=yahoomail

Luiz Ruffato, Escritor Galego Universal 2015, en Lugo

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza para este sábado, 9 de maio, unha mesa arredor de Luiz Ruffato, o escritor brasileiro elixido como “Escritor Galego Universal”. O acto, coordinado por Carlos Quiroga, terá lugar ás 17:30 horas no refectorio do Museo Provincial de Lugo baixo o título “Conversa co brasileiro Luiz Ruffato, Escritor Galego Universal” e nela participarán, ademais de Ruffato, os galardoados/as cos Premios AELG 2015 a institucións e Os/as Bos/Boas e Xenerosos/as (Manuel Lombao, Tareixa Navaza, Margarita Ledo, Xosé Mª García Palmeiro, e representantes do Colexio Profesional de de Xornalistas de Galicia e Asociación de Medios en Galego). Posteriormente, a partir das 20:00 horas, o escritor Luiz Ruffato recibirá o premio na Gala das Letras que terá lugar no Círculo das Artes. Ambos actos son de entrada libre.

Escritor Galego Universal

Con este premio, Escritor Galego Universal, a AELG quere destacar a alta calidade literaria do conxunto da súa obra, coa que nos dá testemuño do seu tempo, do noso tempo, desde un insubornábel compromiso ético. A súa é unha traxectoria literaria incontestábel, apreciada por crítica e público, nun consenso difícil de conseguir.

Con este recoñecmento que xa recibiron Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge eBernardo Atxaga, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana.

A AELG conta co apoio da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Concello de Lugo, e a colaboración do Círculo de las Artes e da Rede Museística Provincial.

»Luisz Ruffato na wikipedia

» Coluna de Luiz Ruffato en El Pais-Brasil