O Centro do Viño da Ribeira Sacra comprácese en convidalo á conferencia:
O RECENDO DA RIBEIRA SACRA, O INTERESE DOS COMPOSTOS BIOSALUDÁBEIS
Por a Dra. Sol Zamuz, investigadora do CSIC na Estación Experimental Aula Dei (Zaragoza)
Que se celebrará o venres día 24 ás 20:00 h no Salón de Actos do Centro do Viño
O proxecto pretende, por unha banda, crear unha linea de produtos cosméticos, perfumes e de ambientación e, por outra banda, darlle un valor engadido aos produtos agroalimentarios potenciando aqueles compostos naturais (aromáticos, fenólicos e aceites esenciais) que lle aporten unhas características saudábeis; ademáis, ofrecer un servicio de análises bioquímicos ás empresas do sector agroalimentario dos seus produtos. A finalidade última, é crear a marca de calidade Recendo da Ribeira Sacra, que aspire a converterse nun sinal de identidade da zona, non só para os produtos elaborados senón tamén para todos aqueles previamente existentes e para todas aquelas iniciativas que teñan como obxectivo a dinamización da Comarca de Lemos e a promoción da súa paisaxe, da súa natureza e do seu valor patrimonial.
Explicarase o porqué de elexir estes compostos e da súa importancia nos vexetais.
Agardando contar coa súa presencia.
Un saúdo
Centro do Viño da Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo – Galicia – Spain
Tlf. 982 105 303
www.centrovino-ribeirasacra.com
Deixa unha resposta