BREVE RESUMO DO ROTEIOR POLA TRAZA HISTÓRICA DO CAMIÑO PRIMITIVO
CASTRO VERDE – SOUTOMERILLE
Neste sábado florido de abril fixemos o Camiño tentado seguir a traza histórica, saímos pola rúa do Castelo, Penas de San Lázaro buscando a traza máis descansada ata San Miguel do Camiño, desde Penalonga puidemos visualizar o conxunto histórico do pazo, igrexa e castro de Recesende. En Souto de Torres pequena parada para comentar sobre o cruceiro e igrexa. No Mesón de Fraiás puidemos ver como o camiño foi, claramente, desviado. Desde Nadela polo camiño das Zarras chegamos ao rego de Caín que, por mor da maleza está intransitable, o que nos obrigou a pasar pola beira do prado colindante. Para chegarmos ao castiñeiro do Neto tivemos que atravesar pola delimitación de fincas, onde se deixa ver que houbo camiño, aproveitando para achegárnonos ata o castiñeiro. Neste punto confluímos co trazado do roteiro de Soutomerille e, seguindo polo camiño do Agriño achégámonos ata os "asentos dos mouros" ou "pozas das pedras". Na zona do Agriño pódese ver aínda un anaco do antigo Camiño. A seguir visita á casa Torre de Arriba, cemiterio, o máis pequeno de Galiza, corredoira do castiñeiro, onde volvemos ter outros centos de metros do vello Camiño, xunto co castiñeiro centenario, pedimos desde aquí, que sexa liberado dos carballos que ten arredor para que sobreviva. Visita á casa de Abaixo, igrexa e castiñeiro caído hai máis dun mes. Agardamos que, no máis breve tempo posible, poidamos telo nun lugar significativo do Camiño, para que este castiñeiro sirva de reivindicación do conxunto hsitórico de Soutomerille.
Con esta camiñata puidemos comprobar que no Concello de Castro Verde sería facilmente recuperable a Traza Histórica do Camiño, se houbera vontade, e os peregrinos non pisarían case o asfalto e disfrutarían de Vellos Camiños.
Pola tarde; Asemblea ordinaria, onde se aprobaron as contas e actividades desenvolvidas no ano 2014 e propostas para este ano en que estamos e que varias delas xa estamos a desenvolver. E, renovación da xunta directiva para o período (2015 -2019), quedando formada polos seguintes socios/as:
Presidente: Manuel Muñiz Besteiro, Vicepresidente: Manuel Gómez Arrojo, Secretario: Antonio Ventura Figueroa Paz, Vicesecretario: José Yáñez Basanta, Tesoureira: Marina Seijas Carballedo e Vogais: María Ermitas Fernández Fernández, Enrique Gónzález Riobó, e Pablo Castedo Lence.
Agradecer a todos eles que aceptaran formar parte da Xunta Directiva, especialmente a Antonio V. Figueroa Paz por asumir a responsabilidade da secretaría.
Saúde. Terra e Lingua
Deixa unha resposta