BREVE RESUMO ROTEIRO A MEDA – CASTRO VERDE (ROTEIRO DOS CACHARREIROS)
Un grupo de persoas de Outeiro de Rei xunto cunha pequena representación da Asoc. Amigos do Patrimonio fixemos o Roteiro: A Meda – Castro Verde o sábado, día 4 de abril.
Partimos de A Meda, pasando por Vilafrío, visitando a pequena capela dese lugar, para subir ao marco que divide as parroquias de Francelos e Serés, camiñando ao pé do monte de Monciro, neste lugar puidemos ver o resto dun dos variso fornos de cocer o cal que hai nesta zona. De Serés a Bolaño. En Bolaño breve explicación da Cova da Valiña, visita ao forno do cal, hórreo, lagas de enlagar o liño, quiosco da música e ponte do río Chamoso. Desde Bolaño a Castro Verde.
Antes de Xantar visita á igrexa de Vilabade onde o Sr. Cura, D. Manuel Varela Gorgoso, deu unha explicación da igrexa aos visitantes, agaradecer desde aquí a súa amablidade, unha vez máis.
Pola tarde, visita aos pendellos da feira, souto e carballeira, subida ao monte da Lomba onde puideron divisar, os visitantes, parte dos lugares de Castro Verde, visita á Torre da Fortaleza e remate da xornada amosándolles o lugar de Soutomerille, onde os visitantes admiaron o lufgar e fan unha reivindicación e posta en valor da súa igrexa, cemiterio e paisaxe.
Saúde. Terra e Lingua.
Manolo
Deixa unha resposta