Breve RESUMO ROTEIRO RODINSO – SAN PAIO
por TERRAS DE CASTRO VERDE coa “Asociación de
Senderismo Terras de Lourenzá”
Breve RESUMO ROTEIRO RODINSO – SAN PAIO
por TERRAS DE CASTRO VERDE coa “Asociación de
Senderismo Terras de Lourenzá”
Neste domnigo, día 22 de marzo, dous membros da “Asoc. Amigos do Patrimonio de Catro Verde” acompañamos a membros da “Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá” que realizamos un dos roteiros dos muíño do Poñente: Rodinso – Francelos, aínda que non rematamos en Francelos, senón en San Paio.
Comenzamo o roteiro en Rodinso onde Suso Lamela, nos explicou a Escola – Fundación de D. Eduardo Lamela Pallín, fundada en 1931. Desde a escola camiñamos para ver o único muíño de nora (noria) que temos en Castroverde e, probablemente, en Galicia que, data de comenzos do século XX e, que funciona por medio dun sistema de poleas e correas. Esta mesma canle de auga era aproveitada para unha pequena planta de produción eléctrica. Dicir que estamos no rego de Rodinso, aos mesmos pés da Serra do Pradairo ou Miradoiro que, é unha da fontes do río Chamoso. Agradecer a Suso a amabilidade en facilitar a visita ao muíño tan singular. De Rodinso pasamos por San Fitoiro, baixamos a Bolaño onde lles explicamos algo desta parroquia, desde a fundación de San Martiño, cova da Valiña, forno do cal, quiosco da música, lagas de enlagar o liño, etc. De Bolaño por Barrio, a carón do río Chamoso chegamos a Fontao. De Fontao a Rebordaos e desde aquí a inteción era achegármonos a Castedo e Francelos, pero rematamos saíndo ás Casas do Monte, na parroquia de Moreira e desde aquí a San Paio onde remtamos o rotiero.
Antes de comer subimos ao miradoiro do Monte da Lomba e visitamos a Veiga do Olmo e souto onde se come o pulpo.
Pola tarde breve visita aos pendellos da feira e á igrexa de Vilabade, “a catedral de Castro Verde”.
Saúde. Terra e Lingua
Manolo
Deixa unha resposta