Talleres sobre a Rede Natura 2000

Bo día,

dende a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo imos organizar tres talleres sobre a Rede Natura 2000 co obxectivo de que aquelas persoas que leven a cabo a súa actividade en municipios incluídos dentro desta figura teñan maior información sobre o seu potencial e as súas implicacións para a poboación local.

Estes talleres estarán impartidos por un técnico da SEO- BirdLife, e estarán organizados mediante exposicións informativas e debates cos asistentes para recoller a súa opinión sobre a información percibida, así como propostas de mellora para a convivencia entre os sectores produtivos e a conservación dos valores ambientais nos espazos incluídos na Rede Natura 2000.

A asistencia aos talleres é libre até completar aforo e os lugares e datas de celebración son os seguintes:

Día 11 de marzo ás 20:00 horas na Casa das Insuas de Rábade.
Día 12 de marzo ás 20:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño (Lugo).
Día 13 de marzo ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Cervantes.

Se desexa obter máis información sobre estes talleres pode chamar ao 982 22 78 12 en horario de 08:00 a 14:30 horas.

Atentamente,

Área de Medio Ambiente e Enerxías Renovables
Deputación de Lugo