O Club – Asociación Vía Láctea están a percorrer o Camiño Primitivo, hoxe fixeron a etapa desde Vilar de Cas ata Lugo.

Visitaron Soutomerille; subiron ás pozas das pedras ou asentos dos mouros, estiveron na Croa, puideron ver o un dos cimiterios máis pequeno de Galicia, o castiñeiro da corredoira e contemplar a igrexa prerrománica do lugar, logo seguiron camiño ata Lugo onde visitarían a cidade.