Música ao Natural e conservación do territorio

Estimados amig@s,

O vindeiro 11 de febreiro, no auditorio da Casa das Insuas, en Rábade, a Asociación Galega de Custodia do Territorio organiza unha nova xeira de Música ao Natural.

Música ao Natural é un pequeno ciclo de concertos, que poderá perpetuarse no tempo, se conta co apoio popular. Aproveitando viaxes de músicos nacionais e internacionais, organizaamos unha serie de concertos no auditorio da casa das Insuas, para gozar, neste entorno natural tan singular, de música tamén ao natural, dun xeito acústico e próximoao público.

Os concertos fináncianse coa colaboración do público e nun futuro, a Asociación espera poder contar cun número suficiente de subscritores para que a iniciativa siga adiante.

Un dos propósitos deste ciclo é valorar a música como traballo, como medio de vida, e apoialo coa nosa colaboración. Pero Música ao Natural, tamén considera importante valorar a artesanía, a autosuficiencia… o traballo vinculado á terra e aos oficios que nos falan da nosa tradición. Así, a Asociación propón unha sorte de troco: será benvido todo produto artesán, ou de cultivo propio para cambialo polo concerto.

Con esta iniciativa, a Asociación pretende:

1- Abrir un espazo á creación, e poder establecer un circuíto moi singular, para gozar -a poucos centímetros- de proxectos acústicos de músicos de primeiro nivel internacional.

2- Aprender e gozar de culturas doutros lugares.

3- Ofrecer cultura de calidade no rural.

Despois dos concertos, se poderá conversar cos músicos compartindo comida e bebida procedente de comercio xusto e produción ecolóxica.

Actúa.

Colabora.

Difunde.

Disfruta.

Nesta sesión de Música ao Natural estará connosco o dúoLa Forcellepresentando o seu novo albúm directamente dende Francia.

Será o día 11 de febreiro ás 20:30 horas na Casa das Insuas.

Imprescindible reservar praza no enderezo: concertosaonatural

Colaboración: 6 euros

Para os nenos que asistan ao concerto,La Forcellefará un pequeno didáctico sobre instrumentos e danza ás 19:30 h.

Máis información en casadasinsuas.org

http://www.laforcelle.com/

https://www.youtube.com/watch?v=irfWl4DamI8

Estimados amig@s,

Como continuación das xornadas da tempada 2013-14, a Deputación de Lugo e a Asociación Galega de Custodia do Teritorio organizamos esta nova xeira onde continuamos analizando os valores naturais da Reserva da Biosfera Terras do Miño, poñendo especial énfases nas prioridades de conservación dalgúns dos seu compoñentes así como no papel que pode xogar a ferramenta da custodia do territorio na súa conservación.

Para elo contamos coa presenza de investigadores vinculados á universidade que nos aportarán a súa visión sobre a conservación de distintos compoñentes da biodiversidade de Terras do Miño.

Podedes ver o programa aquí ou no documento axunto a este correo.

Máis información en custodiadoterritorio ou no tfn. 620593892.

Agardamos que sexa do voso interese.

Reserva da Biosfera Terras do Miño