Xornada "Lugo Cultura Dixital" na UNED

Prezada asociación:

O Centro Asociado da UNED en Lugo, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, convidao a participar nun curso de formación que terá lugar no edificio da UNED, o vindeiro 16 de decembro, ás 19:00 horas, con motivo do proxecto de comunicación ‘Lugo Cultura Dixital’.

Na xornada explicarase aos asistentes cómo xestionar noticias e eventos no portal web de ‘Lugo Cultura Dixital’. É recomendable a asistencia de polo menos unha persoa da asociación, non obstante, a sesión de formación será emitida en directo vía streaming por internet, a través dunha dirección que se enviará por correo electrónico o luns 15 de dicembro. Ademais, o curso será grabado para poder visualizalo posteriormente en caso de non poder asistir ao encontro nin poder seguilo en directo.

Esperamos que poida acudir á cita e rogámoslle confirme a súa asistencia antes do día 15 de decembro respostando nesta mesma mensaxe.

En Lugo, a 10 de decembro de 2014.

José Luis Prieto Arroyo

Director da UNED de Lugo

Centro Asociado UNED de Lugo

Cantigas e Frores 31, 27002

Tfn: 982.280202 / fax: 982.231600

web: www.lugo.uned.es

mail: info