ORGANIZA: ASOCIACIÓN PASADA DAS CABRA – Burela
COA PARTICIPACIÓN DE:Asociación Amigos do Patrimonio de C. V.
ROTEIRO ESTRADA DA REPÚBLICA. RUTA DE LIÑARES DE BEDUL Á PONTE DE VILAVOL
DOMINGO, 14 DE DECEMBRO DE 2014
8:45 h. En Castro Verde ao lado do Pereira.
9:30 h. Restaurante Os Catro Ventos de Barbeitos.
10:00 h. Comenzar a camiñar. Hora aproximada.
OBSERVACIÓNS:
SITUACIÓN: A FONSAGRADA
DISTANCIA: 8 QUILÓMETROS
DIFICULTADE: MEDIA
XANTAR: RESTAURANTE O PIÑEIRAL A BASE DE COCIDO
– Comunicar a participación antes do domingo, día 7 de decembro nos correos ou teléfono que aparecen no recadro.
– Levar calzado e roupa axeitada.
Breve descrición.
Trátase dunha das rutas máis variadas e espectaculares que se poden realizar na Fonsagrada na que teremos a oportunidade de transitar por antigos Barreiros contemplando aldeas abandonadas, magníficos bosques con vexetación mediterránea, antigas construcións tradicionais como cortíns, ouriceiras, soutos, adegas e ferrerías e como remate contemplar os fermosos meandros que se forman na cola do embalse de Salime.
Partindo da aldea de liñares de Bedul, pasaremos polas aldeas abandonadas de Lodeiro e A Fornaza, con restos de antigas adegas, fornos de fundición de ferro e construcións insólitas, para dirixirnos á cola do embalse nunha contorna paisaxística moi fermosa.
Camiñaremos á beira do río empreñando a “Carretera da República,” feita a man nos anos 30 e 40 coa fin de unir Ibias coa Fonsagrada, ata hcegar a os restos da antiga Ferrería de Vilar da Cuíña a partir da cal internarémonos nun desfiladeiro que forma o río Lamas e veremos onde se xunta co río Navia. Rematamos na ponte de Vilavol.
Esta previsión pode variar.
En colaboración coa Asociación “Pasada das Cabras” de Burela.
Animándevos a participar para despedir o ano.
Un saúdo.
Manolo
Deixa unha resposta