Estimado pioneiro,

Gustaríanos contar coa súa presencia o vindeiro xoves día 27 de novembro ás 11.30, para a presentación formal da Apertura do Dominio .GAL. Este acto terá lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación en Vigo – Campus Lagoas-Marcosende, Universidade de Vigo.

O acto estará presidido polo Reitor da Universidade de Vigo, Don Salustiano Mato e intervirán o Presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González e a Directora Xeral da Asociación, Edita de Lorenzo.

A Asociación PuntoGal presentará tamén o resumo da fase de lanzamento (abrente e carreira) e das solicitudes presentadas.

Reciba un cordial saúdo

Asociación PuntoGalAsociación PuntoGal
Apartado de Correos nº 55
15780 Santiago de Compostela
A Coruña – [email protected]