Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, que terá lugar o sábado 22 de novembro en Santiago de Compostela, con saída ás 12:00 horas da mañá desde a estación do tren.

Desde Lugo, haberá un bus que sairá da estación do tren de Lugo, ás 12:00 da mañá. Para anotarse para ir hai que anotarse no número seguinte: 681027859 (Federación Rural Galega). O prezo do bus será de 5 euros.

O lema da mobilización, “Que non nos rouben os nosos montes!”, expresa claramente o sentido da reivindicación. Mesmo desde unha perspectiva nacionalista, a singularidade da figura dos montes veciñais en man común, (en todo o Estado español só existen na Galiza), provoca a súa inadaptación ao réxime fiscal aplicado no Estado, que non contempla o modelo de propiedade “comunitario”, específico do noso país. A maiores, a nova lei de montes ameaza coa privatización destes montes, que ocupan máis do 30% do territorio galego.

Participa!!!!!