RESUMO : XUNTANZA DE ASOCIACIÓNS OPINANDO SOBRE OS CAMIÑOS DE SANTIAGO, COMBOCADAS POLA D. X. DE PATRIMONIO CULTURAL E A XERENCIA DO XACOBEO. (5-11-2014).

========

Ás catro e media da tarde, na Aula 13 do edificio EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de As Fontiñas en Santiago, iniciamos a Reunión informativa do Camiño de Santiago, presididos polo Xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, axudado de Marta Rodríguez, como directora da Reunión e un axudante.

Tema a tratar: REDACCIÓN DO PLAN DO CAMIÑO PARA O ANO SANTO 2021, contando coas aportacións de todos os da Lista constituinte dos alí presentes, representantes de unhas quince Asociacións. O tempo previsto da Reunión era de dúas horas, que resultaron curtas para catro puntos a tratar:

1) Empezamos vendo un anaco do vídeo americano titulado THE WAY, de Martin Sheen, que narra a pérdida dun fillo facendo desde Francia o Camiño de Santiago, video co que ao final nos obsequiou o Xerente Rafael.

2) Seguimos coa presentración de cada asistente con nombre e representación correspondente.

3) Repartíronos a continuación uns folios ou fichas, que tivemos que asinar e contestar en cada apartado, sinalando a orde dos cinco puntos contidos, segundo a importancia ou preferencia persoal de cada un.

4) Rematamos cun prolongado coloquio sobre dous aspectos: A) Baixando á práctica, sobre o terreo, tratouse de identificar a esencia do Camiño.

B) Tratando de descubrir as Entidades Colaboradoras e proceder a creación dun Ente público, coordinador e divulgador das aportacións e colaboracións realizadas. Cada grupo de Asociacións ou Foro aportou o seu punto de vista, resultando un conxunto de suxerencias moi enriquecedor. Por destacar algunha, insistiuse moito en respectar o trazado orixinal do Camiño e a súa espiritualidade. Tamén se sinalou a versatilidade e modernidade da figura do peregrino, que leva consigo a necesidade dun renacemente na orientación do Camiño. Alguén sinalou ao peregrino actual gústalle ir de incognito; só lle importa que o respecten e non entende que non lle deixen entrar na Catedral coas súas pertenzas. Tamén se lembrou, no 25 aniversario do seu pasamento, ao crego do Santuario do Cebreiro, Elías Valiña Sampedro, que tanto aportou ao renacemento das peregrinacións a Santiago. “O Camiño – segundo Elías – é algo sagrado con tódo-los pecados ou fallos humanos que conleve”. Mesmo distinguindo os peregrinos dos turistas e dos mercantilistas aproveitados – habería que precisar.

Na segunda parte do coloquio, destacáronse as moitas necesidades no acollemento aos peregrinos: Con Normas legais nos Refuxios e Albergues, Sinalizacións claras e Informacións nas Fontes e Monumentos, así como a limpeza de rutas e sendeiros. Sen esquecer as facilidades para a consignación da Compostela, etc.

Para rematar, achego os dous Correos electrónicos que nos facilitaron: <martarodriguez> e <xerencia.xacobeo>

P.S. : Colaboración de Pepe Yáñez, Secretario de “Amigos do Patrimonio de Castroverde”, en representación do Presidente Manolo Muñiz Besteiro.