cabeceiracorreoe.png
Inauguración dos paneis informativos sobre o proxecto "A Ruta das Feiras"

Boa noite,

O motivo deste correo é o de informarvos que o día 7 de novembro de 2014 celebraremos a xornada Feireando 2014.

Este ano consistirá na inauguración dos paneis informativos sobre o proxecto "A Ruta das Feiras" instalados nos campos da feira dos 7 concellos. Como ir a tódolos campos supón moito tempo, decidiuse inaugurar soamente dous, o de Adai e o de Castroverde.

Os actos en cada campo contarán coa participación do contacontos Anxo Moure. Unha vez rematada a inauguración de Castroverde, sobre as 19:00 horas, terá lugar unha actuación aínda por concretar.

Posteriormente, e para rematar a xornada co estómago cheo, teremos unha cea no restaraurante do Albardeiro, en Castroverde (sobre as 21:30 horas).

Contaremos co servizo dun autobús que nos levará dende Lugo (saída ás 16:30 horas do aparcadoiro do Edificio CEI Nodus) ata Castroverde. Para aqueles que non poidan quedarse a cear, segundo remate a xornada (20:00 horas aprox.) traeraos de volta cara Lugo. Os que queden a cear contarán tamén con este servizo para regresar.

Para reservar o autocar e a cea precisamos saber o número de interesados como moi tarde o martes día 4 de novembro. Se facedes o favor, comunicádenolo por correo electrónico ou por teléfono (atopádelos máis abaixo neste correo). O autobús e gratuíto e a cea ten un custe de 20 € por persoa.

Estamos a elaborar un cartel informativo que inclúe esta programación. Mentres, e para que vos fagades unha idea e o difundades, adiantámosvos esta información.

Un saúdo.

Asociación Terras de Lugo

Correo-e: terrasdelugo
Avda. da Coruña nº500 (Edificio CEI-Nodus)-27003 (Lugo)Teléfono fixo: 982.87.10.87
Teléfono móbil: 626.01.41.05