Inauguración: luns, 20 de outubro, ás 19:00 horas. Exposición fotográfica e de material antigo, conmemorativa do centenario da posta en servizo do teléfono en Lugo. O acto inaugural, que contará coa presenza de Mario Outeiro, deputado delegado de Cultura e Turismo Deputación de Lugo; de José Clemente López Orozco, alcalde do Concello de Lugo e de José Luis Rodríguez Álvarez, presidente Asociación Senior Telefónica de Lugo, rematará coa actuación da coral “Ecos do Miño” composta por socios de ASTELU e con unha visita guiada á exposición.

ACTIVIDADES: CHARLAS INFORMATIVAS E VISITAS GUIADAS
Ás 11 da mañá de cada día efectuarase unha charla sobre as comunicacións en xeral e sobre o teléfono en Lugo en particular, con explicacións sobre o material exposto, dirixido principalmente a colexios e institucións interesadas.
Pola tarde ás 19,00 horas efectuárase a charla e explicación dirixida ao público en xeral.

Proxección do video: “Transformacións” de Fundación Telefónica e do Museo de CTNE.

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO