BREVE RESUME da XORNADA SOBRE BANCA ÉTICA – CAMIÑATA POLA VÍA XIX – PASEO DO RATO E ASISTENCIA Á OBRA DE TEATRO – 18 DE OUTUBRO 2014

Actividade da mañá

Arredor das 10:00 h. pasadas recepción de participantes, inauguración e presentación da xornada a cargo de Pilar Porto.representante da Deputación e de Xabier Bruña (Ringo), do grupo local de Fiare en Lugo.

Seguidamente, Gonzalo Gesto, secretario da asociación Fiare-Galicia expuxo as razón e necesidade dunhas finanzas éticas a nivel mundial.

A continuación documental sobre Finanzas éticas, o proxecto Fiare.

A seguir, Esteban González, coordinador do Grupo de Galicia Norte falounos da estrutura de Fiare Banca Ética.

Breve Debate, seguido dunha breve pausa.

Para pechar as intervencións estivo connosco Juan Garibi, director de operación de Fiare Banca Ética que nos falou de toda a problemática para poñer a funcionar a maquinaria e a necesidade de irmos paseniñamente e que tipos de proxectos se deben apoiar e financiar. Pequenos proxectos, sostibles e a necesidade dunha banca ética non mundo en que vivimos. Somos un gtran de área, mais que temos que intentar facer algo. Non podemos quedarnos parados.

Pechou a xornada a Deputada de Economía da Deputación Pilar Porto.

Actividade da tarde

Logo de xantar, percorrido pola Vía XIX desde San Roque ata a Tolda, pasando por Catasol, rúa San Xillao, Montirón, San Fiz para baixarmos á zona da Tolda e desde aquí percorrer o paseo do río Rato.

Rematamos a tarde asistindo no CPI de Castro Vede, á posta en escena da obra O Achado do Castro do grupo de teatro Rebuldeira de Sárria, onde participaba a nosa amiga Ana, da asociación Arcas. Parabéns a todos/as polo seu traballo, e agradecerlles que se tiveran achegado a Castro Verde.

Saúde -Terra e Lingua

Manolo