Bos días,
ATT00055Para a vosa información remitimos información sobre una actividade que se entronca coa labor que estamos a desenvolver conxuntamente a Deputación de Lugo, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, e outras entidades para mellorar o estado de conservación dos valores ambientais do río Miño ó seu paso polos concellos de Rábade e Outeiro de Rei.
O domingo 28 de setembro, de 10:30 a 14:30, realizaremos un roteiro interpretativo polo río Miño e recollida do lixo observado durante o percorrido que se realizará polos concellos de Rábade e Outeiro de Rei. Os nosos ríos sufren a diario unha forte ameaza e, entre elas, a presenza do lixo é unha das maiores ameazas. Temos que poñer da nosa man para solucionar estes problemas ambientais e se podemos facelo gozando do propio río, mellor que mellor!
Anímate a participar nesta actividade e móllate polos ríos!!!
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo