Bos días,
cartel-print-webPara a vosa información remitimos a información da Asociación Galega de Custodia do Territorio na que se explica que o vindeiro  29 de setembro, no auditorio da Casa das Insuas, en Rábade, celebrarase unha nova xeira de Música ao Natura:
Música ao Natural é un pequeno ciclo de concertos, que poderá perpetuarse no tempo, se conta co apoio popular. Aproveitando viaxes de músicos nacionais e internacionais, organizaamos unha serie de concertos no auditorio da casa das Insuas, para gozar, neste entorno natural tan singular, de música tamén ao natural, dun xeito acústico e próximo ao público.

Os concertos fináncianse coa colaboración do público e nun futuro, esperamos poder contar cun número suficiente de subscritores para que a iniciativa siga adiante.

Un dos propósitos deste ciclo é valorar a música como traballo, como medio de vida, e apoialo coa nosa colaboración. Pero Música ao Natural, tamén considera importante valorar a artesanía, a autosuficiencia… o traballo vinculado á terra e aos oficios que nos falan da nosa tradición. Así, propoñemos unha sorte de troco: será benvido todo produto artesán, ou de cultivo propio para cambialo polo concerto.
 
Con esta iniciativa, pretendemos:
1-    Abrir un espazo á creación, e poder establecer un circuíto moi singular, para gozar -a poucos centímetros- de proxectos acústicos de músicos de primeiro nivel internacional.
2-     Aprender e gozar de culturas doutros lugares.
3-    Ofrecer cultura de calidade no rural.
 
compromiscuo-webMoitas veces lamentámonos pola pouca sensibilidade que mostran as institucións pola cultura, pero a cultura é responsabilidade de todos; é hora de actuar.
 
Despois dos concertos, poderemos conversar cos músicos compartindo comida e bebida procedente de comercio xusto e produción ecolóxica dispensada pola Cova da Terra.
 
Actúa.
Colabora.
Difunde.
Disfruta.
 
Nesta sesión de Música ao Natural estará connosco o dúo Cuperio Yukhnevich presentando o novo Cd, COMPROMISCUO
 
Será o día 29 de setembro ás 20:30 horas na Casa das Insuas.”
 
Imprescindible reservar praza no enderezo:
 
Colaboración: 6 euros
 
Para os nenos que asistan ao concerto, Cupeiro Yukhnevich fará un pequeno didáctico sobre instrumentos insólitos ás 19:30 h.
 
Máis información en casadasinsuas.org
 
https://www.youtube.com/watch?v=i9g6dVlMa88
https://www.youtube.com/watch?v=KUDfe394bGc