Participación na IX Feira Artesá. Estivemos nos pendellos da feira con libros do noso Catro Verde e dos Castro Verdes da P. Ibérica, entre outros libros da provincia e de Galicia.

Asistimos ao pregón do noso socio e membro en directivas da Asociación, Ricardo G. Polín, onde nos lembrou, dalgún xeito a súa procedencia, lembranza para a súa familia e con referencias á historia dos alcaldes de Castro Verde e a necesidade de defender o noso rico patrimonio, principalmente o Camiño Primitivo, aludindo a diversos persoeiros, coma; dona Enriqueta Otero e o súa asociación, e a diversas persoas do Concello, que non imos lembrar aquí e que agardamos que as súas palabras poidamos lelas na páxina web da asociación, agradecer desde aquí a súa intervención que foi louvada pola maioría dos asistentes. Á parte houbo actos varios; desfile de moda, actuación de Zuncurrundullo, Cantigas e Frores. Pola tarde continuaron outros actos, festa na piscina, actuación de maxia etc.

 

 

Saúde, Terra e Lingua.

Agosto 2014