Como xa vos comentamos nun correo anterior, a Sociedade Micolóxica Lucus organiza para o vindeiro 8 de xuño (domingo) a III Encontro sendeirista e cultural Lucus a Pé ao que vos queremos convidar.
A ruta está especialmente deseñada para que os participantes coñezan e admiren os monumentos máis emblemáticos da cidade de Lugo e parte do magnífico cinto verde da contorna.
Haberá tamén un acto de recreación histórica cunha comitiva de lexionarios romanos e tamén unha comida de campo e todo o evento será gratuíto para as asociacións.
Estamos a traballar moito para que sexa, como na anterior edición, un grande evento no que todos os participantes desfruten do percorrido e nos gustaría contar coa vosa presenza.
Animádevos !
Tedes toda la información sobre esta ruta na web: www.smlucus.org/lucusape e para calquera dúbida podedes contactar con nós por email a [email protected] ou por teléfono no 676750812.
Adxuntamos boletín de inscrición, cartel e folleto informativo.
NOTA IMPORTANTE: Se enviades o boletín de inscrición cuberto por email (é un pdf reenchible) tédelo que gardar despois de cuberto e antes de enviar, senón chegaranos baleiro.
Agardámosvos en Lugo o domingo 8 de xuño no
Lucus a Pé!
Deixa unha resposta