En San Clodio |
Neste sábado, día 9 de xuño, realizamos este roteiro con saída de Castro Verde arredor das 9:00 h. e, tendo programada unha visita ao Museo Etnográfico de Quiroga para as 11:00 h., aproveitamos antes, para visitar a Festa da Cereixa que se celebraba en San Clodio no Concello de Ribas do Sil. Logo desta breve visita, chegamos para visitar o Museo, onde nos agardaba o Sr. Alcalde de Quiroga, D. Julio Álvarez e o veciño da Lama, Sr. Silvelo, a quen agradecemos desde aquí a amabilidade por ternos recibido a ámbolos dous, especialmente ao Sr. Alcalde que sabemos que neste día celebraba os 25 anos frente a Alcaldía do Concello de Quiroga, parabéns Sr. Alcalde. Despois de facer a foto de rigor, pasamos ao museo que, se encontra nos baixos do auditorio, onde puidemos visitar os aparellos e ferramentas que se empregaron na zona durante centos de anos, onde da man de Moncho, o guía dos museos, recibimos as precisas explicacións, podendo contemplar desde unha prensa do aceite e todo o proceso da oliva para a obtención do produto, pasando polos apeiros de labranza, carros, arados, sachadoras…, úteis de ferro, os diferentes tipos de pizarra, a lareira, a madeira, o tratamento da la e ata “ un coche” con mátrícula C- 2841e, como é lóxico en Quiroga non podía faltar a Adega.
Desde este museo trasladámonos ao museo Xeolóxico, inaugurado recentemente, onde puidemos ver as pegadas dos glaciares ata os puntos de interese xeolóxico, paleontolóxico e mineiro da contorna, idades do home e esqueletes de oso entre outros animais.
Agradecer a amabilidade e explicacións de Moncho, o guía dos museos.
De Quiroga á Cruz de Outeiro, mais con parada técnica na aldea de A Lama, onde o Sr. Silvelio, nos convidou a un viño da zona e Manolo e Mercedes a un pincho, agradecer desde aquí a amabilidade de todos eles, especialmente a Mercedes e Manolo polos detalles que tiveron connosco ao longo do día.
Desde A Golada ata A Ferevenza do Fócaro e baixada á Seara para realizar unha visita a esta fermosa aldea, practicamente, rehabilitada, onde xantamos, no mesón da familia Carrete. Pola tarde breve visita, externa, á igrexa parroquial e, a seguir visita á aldea de Vieiros e pequeno percorrido polo roteiro da Fervenza de Vieiros.
De volta puidemos contemplar Quiroga desde o Miradoiro do Val do mesmo nome.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
20 Xuño, 2012 at 7:42 p.m.
Me felicito por ser uno que junto con mi señora, os hemos acompañado invitados por mi hermana Ermitas, en ese espectacular roteiro por la zona del Caurel. Tenia muchas ganas de conocer ese bello rincon de Galicia y he de confesar que me dejo impresionado la magnitud y belleza del lugar.Me encanto la visita a los museos y llevo un grato recuerdo del etnografico por la cantidad de recuedos, por los