SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() A fumigación con medios aéreos, en breve prohibida pola UE provocan que unha media do 40% dos produtos dispersados non acaden a área obxectivo e que os seus velenos fiquen espallados en quilómetros arredor do punto de fumigación. Deste xeito, o agrotóxico pode chegar a espazos naturais (afectando a especies protexidas), cultivos (derramando a produción ecolóxica) e zonas habitadas, incorporándose nos nosos organismos.
Dase a circunstancia ademais de que a aplicación masiva deste veleno, xenerosamente promovido pola patronal pasteira “sen custo algún para os propietarios dos montes” e avalado pola Xunta, vai coincidir co periodo de máxima floración e actividade das abellas, co que o dano ecolóxico e a perda de colmeas e colleitas será máximo.
![]() ADEGA esixe á Xunta de Galiza que mire polas abellas galegas e pola saúde ambiental e cidadá e prohiba estas malas prácticas forestais, en troques de seguir facéndole o xogo ás empresas que se lucran inzando o país de eucaliptos e envelenando o ambiente con agrotóxicos prohibidos. As alternativas para combater as pragas forestais pasan por promover o uso dos métodos biolóxicos e sobre todo por unha política forestal que abandone o eucalipto e fomente a multifuncionaliedade do monte. Animamos a propietarios forestais, comuneiros e concellos a negarse a autorizar as fumigacións nos seus montes e denunciar estas prácticas.
Máis información:
|
Xa van mais de mil firmas enviadas!
Mais información en www.apiculturagalega.org / www.fumigacionsnon.org
Deixa unha resposta