O COOPERATIVISMO, fórmula contra o despoboamento no mundo rural
Presentación: A Vicepresidenta 2ª da Deputación, Lara Méndez, presentou a Xornada a realizar, dende as 4 e media até ás oito e media, tratando de atopar a solución ao despoboamento, que na última década sobrepasou os 12.000 habitantes, sobre todo no rural.
A continuación, o Presidente da Mesa dos poñentes Xosé Gabriel Vázquez recalcou a importancia do tema, pois sen xente non hai nen paro nen sociedades…, presentando a continuación ao Profesor Francisco Sineiro, quen usando diapositivas e partindo do feito de que os pasamentos superan ao nacementos, entre as posibles solución, estudou largamente o cooperativismo e o asociacionismo, con e sen ánimo de lucro ou reparto de beneficios. Destacou a importancia dos programas europeos LEADER e PRODER, así como os CER ou Centros de Economía Rural en Francia, que teñen por obxectivo apoiar aos emprendedores con persoal contratado nos distintos niveis e necesidades.
Seguidamente foi presentado o Sr. Catedrático de Xeografía e Ordenación do Territorio Adrés Precedo, quen expresándose en Castelán falou da problemática dos Concellos pequenos de 1.500 a 5.000 habitantes, cuxos problemas se quixeron abordar co Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, de hai 20 anos, que non funcionou e os problemas van en aumento. Algo parecido aprézase tamén coas Vilas e Poboacións de menos de 50.000 habitantes. Séguese vendo o campo como retraso e pénsase que o mellor é que “desapareza”. Pero así no hai reacción… A cooperación dos Concellos é necesaria, mesmo nalgúns casos a unificación ou supresión, operación que suporá dúas opcións: A adaptación e a equidade. O despoboamento, en que medida pode axudar ou estorbar? É opinable, como tamén o é o modo de reaccionar ante os desaxustes, que poden levar procesos diverxentes.
En terceiro lugar, despois da pausa do café, o presentador deu a palabra ao Presidente da Cooperativa ICOS, Javier Taboada, quen mediante diapositivas, foi mostrando o seu proxecto e realidade de Cooperativa nos Concellos de Chantada, A Barrela e Taboada, destacando o obxectivo de manter as explotacións gandeiras e os modelos productivos diferentes. Veñen traballando xa desde o ano 2.000 e demostrando ser un exemplo das nosas posibilidades económicas, e co noso. Similares modelos de cooperativismo son Coren de Ourense, Os Irmandiños de Ribadeo, etc.
Seguidamente incorpórase á Mesa Juan José Dáz Valiño, Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Moderador do coloquio, quen volveu previamente sobre a conxunción dos Concellos, tratada polo Sr. Precedo, recalcando, como contactador entre os Concellos da Deputación, que donde hai Cooperativas hai progreso, se non, non; sendo a nosa provincia nun 80% Reserva da Biosfera, dito de outro xeito, lugar previlexiado. O Sr. Xavier Taboada respondeulle que se trataba dun problema de Xestión, razón pola que ICOS non dera pasado á provincia de Ourense, tendo en conta a Globalización e a presencia de China. Pódese reproducir o que pasou con COMPLESA, que despois de pasar a mans privadas agora é francesa. O contrario do que pasou con Uteco e Caixa Rural, sustituidos por ICONSA e a cooperativa IRMANDIÑOS. A isto engadiu o Sr. Precedo a súa experiencia en Navarra, en 1980, onde todo eran cooperativas nos distintos produtos, crían no cooperativismo, o que non ocorre aquí. Non obstante Xavier Taboada di que agora van cambiar moito as cousas, pois díxose que o motor económico da provincia está no campo. Logo estas ensinanzas tiñan que facerse tamén polos Concellos, superando os marcos mesmo comarcais, con incorporacións voluntarias. Nesta liña vai o Centro de Recría da Granxa Gaioso Castro. Alguén máis puxo de manifesto o problema do despoboamento universitario, provocado pola emigración ou a consabida fuga de cerebros.
Sendo case as 20 horas, tivo lugar, baixo a Presidencia de José Ramón Gómez Besteiro, a presentacióndo libro LUGO REACCIONA: debate con propostas de futuro contra o despoboamento demográfco. Nesta presentación, O Sr. Presidente da Deputación agradeceu a numerosa asistencia dos Poñentes e Asistentes, cedendo a palabra a Xosé Gabriel Vázquez Fernández, Coordinador e Introductor do citado Libro, quen agradeceu a colaboración do Sr. Presidente, por permitirle exercer de lucense na confección do libro, e tamén a dos restantes cinco poñentes, que figuran no Índice do mesmo.
Pechando esta 1ª XORNADA, Xosé Ramón o Presidente obsequiounos a todos cun exemplar deste primeiro e significativo LIBRO.

Pepe Yáñez.
Deixa unha resposta