Clic para agrandala imaxe |
O meu, persoal, Códice Calixtinus
Se en Santiago lle tivesen tanto apego ao Códice como eu lle presto á miña “credencial” dos santuarios castro verdenses, teño para min que non o perderían. Non, non durmo con ela, pero téñoa no meu despacho, no moble máis nobre da estancia. Unha das facetas do Códice é a de ser porta, ¡máis que segunda, primeira, primeira Porta da Gloria!, como guía iniciática das peregrinacións que é; pola miña parte, modestamente, o meu documento tamén foi unha porta, ¡a porta do Castro Verde sureño!, así que, para min por suposto, no persoal, dúas portas entrañables.
O Códice mira ao Norte, ao Camiño ultrapirenáico, ao Camiño de entrada dos suevos; os meus ollos, seguindo cos paralelos, fóronse detrás deses mesmos suevos: Para comezar, a Dume, (Braga), levado, atraído, polo excelso San Martinho, que foi para min un Santo de especial devoción desde que me dixo meu avó que o seu padroado do noso Bolaño se debía a que, segundo os frades de Montecubeiro, predicoulles aos nosos “verdes”, e tan verdes os atopou, que de aí tirou a idea do seu “De correctione rusticorum”.
A segunda vocación levoume a Grándola, esa Vila Morena cantada por José “Zeca” Afonso, entusiasmado coa única revolución pacífica da que fala a Historia, aquela do 25 de Abril. ¡Portugueses tiñan que ser, que é igual a dicir, irmáns do Sur!
¿De chegado a Grándola, quén se pode quedar sen a sobremesa dun Castro Verde, homónimo, que non idéntico? ¡Iso fixen pois para os castroverdenses galaicos non hai mellor padal que unha saturación de Castro Verde sureño! ¡Son exemplares, en todo!
Volvendo ao eclipse do Códice: Desde logo que os sacrílegos non son portugueses, ¡por eles poño as dúas mans no lume, se tal se requirise, pero no improbable de toda probabilidade de que o fosen, estaríanos ben empregado! ¿Ou xa non lembramos que o noso ilustre Xelmírez, ao seu paso por Braga, lles arroubou as súas queridas reliquias, entre elas as de Santa Susana, que seguen en Santiago? Supoño que o Códice foi ben adquirido, pero…, ¡non estaría de máis pensar que pode tratarse dun castigo divino pois non todo o que hai en Santiago é de colleita propia!

Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta