Felipe Arias presentando ao zanfonista Óscar Fernández
Con motivo da Noite dos Museos o Museo do Castro de Viladonga desenvolveu diferentes actividades que comezaron ás 18.00 horas, coa apertura dunha exposición fotográfica sobre a celebración desta cita entre os anos 2005 e 2009, e a proxección de varios documentais arqueolóxicos. Ás 18.30 houbo unha demostración e práctica de xogos populares a cargo da asociación O Cadaval, de Pacios, en Castro de Rei. Destacaron as actuacións do grupo Os Valuros, de Castro de Rei; o zanfoneiro santiagués Óscar Fernández e o grupo Cantar das Eiras, de Lugo. Ás 21.00 horas servíuse un refrixerio con petiscos, bebidas e queimada final conducida por Xosé Manuel Carballo. Ás 22.30 horas, comezou unha interesante visita nocturna polas construcións do castro cos fachos como única iluminación. Asistiron aos actos varios socios da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde que estiveron acompañados polo director do Museo, D. Felipe Arias, e a súa muller, socios desta Asociación. ( A partir da información publicada na Voz de Galicia)
Deixa unha resposta