– Concellos visitados nos diferentes Camiños de Santiago.
Camiño Francés.–
O Cebreiro
Triacastela
Sarria
Palas de Rei
Melide
Arzúa
Camiño Primitivo.–
A Fonsagrada
O Cádavo (Concello de Baleira)
Castroverde
Melide
Arzúa
Camiño Norte.–
Ribadeo
Trabada
Lourenzá
Mondoñedo
Abadín
Vilalba
Baamonde (Concello de Begonte)
Miraz (Concello de Friol)
Sobrado dos Monxes
Arzúa
Camiño Inglés.-
Betanzos
Carral
Ordes
Sigüeiro
Camiño de Fisterra –
Muxía.-
Fisterra
Cee
Negreira
Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.–
Cambados
Vilagarcía
Catoira
Camiño Portugués.–
Tui
O Porriño
Redondela
Barro
Caldas de Reis
Valga
Vía da Prata.-
Xinzo da Limia
Allariz
Cambeo (Concello de Coles)
San Cristovo de Cea
– Feiras nas que participamos cun stand informativo.–
1.- Feira da II Xornadas do Peregrino “Camiño Norte de Santiago na Terra Chá, nos Concellos de Begonte e Guitiriz”
Data: 13 e 14 de xuño de 2.009.
Lugar: Begonte, Guitiriz e Parga.
Sábado 13: Invitación especial á Universidade Rural para participar na Mesa do Camiño Norte de Santiago en Galicia e Asturias, onde se trataron os seguintes temas:
Análise da situación actual do Camiño Norte e necesidades para o Ano Santo 2010: Infraestructuras, señalizacións, albergues, incidencia da autovía do Cantábrico.
Propostas de promoción e potenciación do Camiño Norte: Patrimonio, Gastronomía, Artesanías, Etnografía,…
Rogos e preguntas.
Domingo 14: Participación con un posto informativo na Feira de Artesáns celebrada en Parga.
Publicación: artigo sobre a Universidade Rural Galega na revista “Guieiros”, nº 12.
2.- Feira de Asociacións. FESTIGAL.
Data: 24 e 25 de xullo de 2010.
Lugar: Santiago de Compostela.
Participación dentro dos actos preparados para a celebración do Día da Patria. Posto informativo da U.R.G. dentro da Feira de Asociacións do Festigal, anunciado no programa do mesmo.
3. XXX Festival de Pardiñas.
Data: 1 e 2 de agosto de 2009.
Lugar: Pardiñas
Participación no XXX Festival de Pardiñas.
Publicación: artigo sobre a Universidade Rural Galega na revista “XERMOLOS” editada pola asociación cultural co mesmo nome.
4. Feira da Ponte de Louzara.
Data: 17 de agosto de 2009.
Lugar: Ponte de Louzara (Lugo).
Participamos cun posto informativo na Feira da Ponte de Louzara, onde improvisamos un pequeno taller de fiado da lá. Os máis pequenos fixeron o traballo máis sinxelo que é cardar a lá. Para o fiado foron aparecendo mulleres da comarca que fixeron de mestras.
5. Feira de Castroverde de Artesáns do Camiño de Santiago.
Data: 23 de Agosto de 2009.
Lugar: Castroverde.
Participación da Universidade Rural Galega cun posto informativo. Demostración, feita por máis de quince mulleres que pasaron polo noso posto, do fiado da lá.
6. Feira do “II Encontro de Artesáns do Camiño Norte”.
Data: 28, 29 e 30 de Agosto de 2009.
Lugar: Lourenzá.
Participación no II Encontro de Artesáns do Camiño Norte, onde a Universidade Rural Galega tivo a oportunidade de falar con artesás e artesáns que viven e traballan en algúns dos pueblos polos que pasa o Camiño Norte.
7. Feira de Outono de Allariz.
Data: 7 e 8 de novembro de 2009.
Lugar: Allariz.
Posto informativo da Universidade Rural Galega.
O domingo impartimos un taller de fiado da lá e de recoñecemento da flora autóctona dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro e os catorce anos.
– CONFERENCIAS.
– Charla na Capela (A Coruña).
Data: 17 de outubro de 2009.
Lugar: A Capela.
Presentación da Universidade Rural Galega dentro das 5ª Xornadas Museísticas, organizadas polo Museo Etnográfico da Capela.
– Charla na Escola Popular Galega (Vigo).
Data: 23 de outubro de 2009.
Lugar: Vigo.
Presentación da Universidade Rural Galega na Escola Popular Galega dentro do programa de apertura das I Xornadas Medioambientais.
– I ENCONTRO DE DINAMIZADORES E DINAMIZADORAS DO MUNDO RURAL, “FENDAS, DE LUCES E DE SOMBRAS, DAS INTERVENCIÓNS NO MUNDO RURAL”
– PUBLICACIÓN do Censo “Banco de Sabedores/Sabedoras” e do Censo “Conservación e Recuperación da nosa Cultura”, titulado: “DETRÁS DO CAMIÑO HAI MOITA VIDA E SABERES AGOCHADOS”
– MEDIOS DE COMUNICACIÓN.-
Publicacións:
“GUIEIROS” nº 12. Revista homenaxe a Concha Prado do Camiño Norte (páxina 83 e 84)
“XERMOLOS” nº 53. Revista conmemorativa do Festival de Pardiñas. (páxina 71)
Xornal do Festigal, xullo de 2009. Xornal conmemorativo do FESTIGAL.
Entrevistas:
“Consello da Cultura Galega”. Editada na páxina web culturagalega.org. Agosto do 2009.
Entrevista para O Xornal, xornal de tirada semanal gratuito. Outubro do 2009.
Programa “Arredor de nós”. “Radio – Difusión”. 7 de setembro do 2009.
Entrevista en Radio – Melide. Agosto do 2009.
Xornal “Novas de Galiza”. Tirada do 15 de agosto ó 15 de setembro. (páxina: contraportada)
Prensa:
La Voz de Galicia.
El Progreso.
“Detrás do CAMIÑO hai moita VIDA e SABERES agochados e tod@s podemos colaborar para RECUPERALOS , CONSERVALOS e DIGNIFICALOS”
Deixa unha resposta