BREVE RESUME NA PARTICIPACIÓN DA XXXII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS EN AGUIÑO,
da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Nun fermoso día deste mes de setembro, sábado, día 12, tivo lugar o encontro dos Irimegos, na XXXII Romaxe de Crentes galegos. Os actos tiveron lugar na punta do Couso na parroquia de Aguiño, no Concello de Riveira.
Dicir que participamos unhas vinte persoas de Castroverde convocadas pola Asociación Amigos do Patrimonio. Os actos comenzaron arredor das 12:00 h., mais ás 10:30 h. fomos recibidos cun convite de mexillóns e viño por parte da organización, a quen lles agradecemos, desde aquí, o recibimento co que nos agasallaron.
A celebración Irimega que tiña este ano por lema “ Un mar de grazas”, consistiu nunha celebración reivindicativa da nosa lingua, do noso agro, do noso mar, da igualdade, da xustiza, etc. O acto comenzou co rito da auga, cada un das comarcas, dos grupos que participaron verteron auga nunha sella, que traian das súas repectivas fontes. Non houbo misa ao xeito tradicional, porque seica as autoridades eclesiásticas non lles gusta este tipo de celebracións, a celebración de estar cos máis humildes e desfavorecidos. A celebración estivo acompañada polo grugo de A Quenlla e por un grupo de gaiteiros da localidade de Palmeira.
Dicir que na celebración houbo lembranzas para D. Paco (Francisco Lorenzo Mariño), o Sr. cura de Aguiño e outros impulsores e dinamizadores desta Romaxe. Tamén se celebraban os cincuenta anos da parroquia de Aguiño.
Logo do xantar seguiu a festa co grupo de gaiteiros e a Quenlla. E arredor das 18:00 h. houbo un acto na igrexa de Aguiño, onde a comunidade do Cristo da Victoria fixo unha celebración que tivo tres partes. Una primeira de conexión coa celebración da mañá: “ Un mar de grazas” Unha segunda parte de celebración e afirmación da nosa identidade galega sempre unida á natureza que nos rodea. E unha terceira de afirmación da fe en Xesús e noutro mundo posible fronte aos atrancos que xa veñen ou poidan vir. Con este acto rematou esta XXXII romaxe.
Para o vindeiro ano será en Monterroso e, a Asociació Amigos do Patrimonio de Castroverde, propuxólle á Xunta Directiva dos Irimegos a posiblidade de facer en vindeiros anos a celebración en Castroverde.
Saúdos e, Saúde e Terra.
Manolo Muñiz

Deixa unha resposta