ASALTO Á DEMOCRACIA – EXEMPLO DO QUE NON SE DEBE FACER


O sábado pasado, día 10 de maio tivo lugar unha reunión de AGADER, onde autoconvocaban varias Asociacións, Comunidades de Montes, Cooperativas …, a Asociación á cal representamos, foi avisada por teléfono, a carta recibimola, o domingo día 11, para unha reunión no Salón da Casa Sindical de Lugo. A nosa sorpresa foi que sendo as 11:20 h. había máis de cen persoas fóra, pensamos que estarían agardando un autobús para ir algunha viaxe, manifestación etc. A nosa sorpresa foi que cando comeza o acto, xa non se collía no Salón.

Unha técnica de AGADER expuxo o proxectodo LEADER (2007-2013) e a seguir falouse de que se anotasen as asociacións que estiveran dispostas a traballar, e que dentro duns días, volveríase convocar unha reunión parara elixir unha xunta xestora, porque teriamos que consultar coas nosas Asociacións e traer un acordo asembleario de que se querían integrar no proxecto.

A nosa sorpresa foi cando vemos que o presidente da Fedración de Veciños de Lugo, autonomea unha Xunta Xestora, que non lembro, mais vén nos xornais do domingo, día 11. Alucinante que estean nesa xunta xestora, representantes dos partidos maioritarios, e das Asociacións que noutros ámbitos se levan a matar. É lamentable que o que alí aconteceu se lle chame democracia. A democracia da imposición sen consultar coas bases das Asociacións, nin cos grupos dos Concellos, aínda que sería parecido, porque teñen a maioría en todos os sitios, e xa sabemos o que son e fan as maiorías absolutas.

A nós acúsanos un señor alcalde que votamos tres, mais el non sabe que votaron moitos outros que non poderían votar, porque eran, e son de Lugo capital. E doutro Concello voataron catro, e que só tería dereito a votar un.

Lamentable o que se viviu no Salón de Actos da Casa sindical, nuca pensamos que “ a “democracia” e representatividade social pudiesen caer tan baixas. Alcaldes do PP e do PSOE unidos por controlar e manipular todo eles, excluíndo a minorías, que para eles son insignificantes, e molestas, posiblemente. Viva a democracia.!

Tres representantes dunha das Asoiciacións convocantes e asistentes.

Secretario, Vicepresidente e Presidente.
Non seu nome o Presidente,
Manuel Muñiz Besteiro.