Unha lembranza histórica: Os Castro, Señores de Castroverde e Luaces

Reproducimos hoxe o linaxe dos Castro, señores que foron de Castroverde, do que é autor o escritor Xosé Manuel Abel Expósito, e que foi publicado na páxina web Xenealoxía.org, que pódese engadir puxándo sobre do nome. Sen dúbida é un apunte histórico de interese para coñecer millor a historia do noso concello naqueles anos nos que a nobleza facía a historia mentras que o pobo non facía mais que traballar e traballar. A historia escríbese deste xeito, e bon é conocelo. Queiramos ou non forman parte das nosas raigames é son parte do noso patrimonio común.

I GENERACIÓN

  • D. FADRIQUE DE TRASTAMARA. Era irmán de D. Enrique II de Trástamara, Rey de Castela, León, Asturias e Galicia. Tivo por fillo a:

II GENERACIÓN

  • D. PEDRO ENRRIQUÈZ DE CASTRO. Faleceu en Ourense o 2 de maio de 1400 sendo soterrado no convento de San Francisco de Lugo.
    Casou con Dª Inés de Castro, herdeira da Casa de Lemos. Filla de Álvar Pérez de Castro “O vello” Conde de Arrollos e Condestable de Portugal. Tiveron por fillos a:

III GENERACIÓN

  1. D. FADRIQUE ENRÍQUEZ DE CASTRO. Conde de Trastamara.
    Creador do Señorio de Castroverde e Luaces en 25 de enero de 1418, nomenando como sucesor, en testamento informal de 1425 o seu sobriño IV.
    Casou o 25 de febreiro de 1405 con Dª Aldonza de Mendoza. Filla de D. Diego Hurtado de Mendoza, señor de Hita e Buitrago e Almirante de Castela. Non tiveron fillos.
  2. Alonso Pérez de Castro. Tivo por fillo a IV.
  3. Beatriz de Castro. Se reservou o señorio de Monforte conseguindo a devolución da vila de Ponferrada a casa de Lemos.
    Casou con D. Pedro Osorio.

IV GENERACIÓN

  • D. ALONSO DE CASTRO. Señor de Castroverde e Luaces, habitando no seu palacio nas “Cortiñas de San Romao” (na actualidade Praza Maior) da cidade de Lugo.
    Casou con Dª María de Bolaño, soterrada no convento de Santo Domingo de Lugo dentro da capela familiar. Tiveron por fillo a:

V GENERACIÓN

  • D. FERNANDO DE CASTRO ( Fijo De Don Alonso de Castro, que Dios aya ) quen testou o 12 de agosto de 1458.
    Casou con Dª Juana de Bracamonte. Tiveron por fillos a:

VI GENERACIÓN

  1. D. Alonso de Castro
  2. D. CARLOS DE CASTRO
    En 1469 era señor de Castroverde e pleitea co Cavildo de Lugo por mor da casa das “Cortiñas de San Romao”.
    Durante a revolta irmandiña o señorio de Castroverde foi expropiado e gobernado por oficiais postos po-la irmandade, entre eles os cabaleiros Fernan Pillado, Rui Sánchez de Luaces, y Alfonso López de Paradela. D. Carlos recuperou o seu señorio transformando a ermita de Nosa Señora de Vilabade en mosteiro franciscano.
  3. D. Alvaro de Castro (destiñado o ministerio sacerdotal)
  4. Dª ISABEL
    Tralo falecemento dos seus irmáns o señorío de Castroverde pasa as súas mans. Herdeira dos bens da Pobra do Brollón. Finaba o 10 de xuño de 1481, recuperado o seu patrimonio de Castroverde e Luaces que legaba a seu fillo D. Alonso.
    Casou con Pero Niño. Merino Maior vallisoletano. Tiveron por fillos a:

VII GENERACIÓN

  1. D. ALONSO NIÑO DE CASTRO. Vende as suas posesións, entre os anos 1512 e 1517, reservándose a casa das Cortiñas de San Roman é a torre de Ruy Vazquez, na fronte do convento de San Francisco de Lugo. O nobo mercador será D. Lope Osorio de Moscoso, incorporando estes bens a casa de Altamira.
  2. Dª Guiomar Niño de Castro
  3. HERÁLDICA
    Loce o torre da homenaxe do castelo de Castroverde, un escudo cos seís roeles dos Castro, posto sobor de unha fiestra, de arco de médio punto e enrrexado hoxe desaparecido.

    Publicar comentarios a esta Liñaxe en [Foro Liñaxes]

    Engadido: 06-05-2005
    Autor:Xosé Manuel Abel Expósito