O día 3-11-2006
Comenzaron os actos previstos pola Asociación para o mes de Novembro: cultura e irmandamentos

Antonio Rigueiro, catedrático da USC e enxeñeiro de montes inaugurou o programa cunha conferecia no CPI sobre cogumelos

Na conferencia cos alumnos do CPI do Concello

Os actos previstos pola Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde iniciáronse o día 3 de Novembro coa Conferencia de Antonio Rigueiro no CPI de Castroverde, sobre cogumelos. O conferenciante detívose nas explicacións das diferencias entre fungos e cogumelos, as partes dos cogumelos, as súas clases e unha longa disertación que fixou a atención dos cativos. Disertou sobre as clasificacións déles e mostrou insitencia e claridade á hora de distinguir entre as comestibles e non comestibles. Rematou a sua disertación coas referencias históricas e mais os lugares onde se dan cada clase de setas ou cogumelos, etc.

Estas foron algunhas das principais ideas sobre o que versaron as dúas conferencias. Unha impartida ás 11:50 h. para os cursos máis altos de primaria. E a outra para os cusos da ESO, ás 12:40 h.


O día 4-11-2006
Breve resume dos actos do día 4-11-2006, o pri
meiro encontro dos Castroverde da Península Ibérica, no Castroverde de Lugo.

Como estaba previsto, arredor das 12:00 h. encontrámonos na praza do Concello os representantes do Concello de Castroverde de Campos -Zamora-, os representantes da Asociación Castrum Viride do mesmo Concello, o representantes do Concello de Castroverde de Cerrato – Valladolid-, os representantes do Concello de Castroverde de Lugo, e os socios da Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde. Tendo que lamentar a ausencia dos represetantes de Castro Verde de Portugal, e os da Asociación Cortiçol de Portugal.

Logo dunhas palabras de benvida e agradecemento a todos eles, por parte da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, dirixímonos a Vilabade, para explicar aos que viñan de fóra, algo do Camiño Primitivo.

Visitando o Pazo, e desde aquí dámoslle as grazas a dona Teresa, pola súa amabilidade. Nesta visita tivemos de anfitrión a Xosé María Gómez Vilabella, que fixo un resume da historia do pazo.

A seguir visitamos a igrexa de Santa María de Vilabade coa correspondente explicación de Gómez Vilabella, sobre a súa construción, de planta rectangular e de feitura gótica, con resetón, e con retábulo importante de castiñeiro, do escultor Moure. Sendo a única igrexa, que se saiba, que ten “caixa forte”. Isto por non entrar en máis detalles. Logo subimos á capela do Carme, que está ao pé do Camiño Primitivo. Dicir que desde aquí o Concello de Castroverde ten unha fermosa vista.

Pola tarde, estaba prevista a visita a Lugo, pero os nosos convidados preferiron visitar Castroverde: A Veiga do Olmo, o Campo da feira, e o Castelo de Castroverde, o que en realidade queda e a Torre de Homenaxe. Aquí as explicacións estiveron a cargo de Pedro Paulo Gómez Rielo. En palabras del o Castelo remontaríase a unhas orixes que serían anteriores ao século XIV-XV, remontaríanse máis ben, aos séculos IX- X. O Castelo está sobre o Castro que lle dá nome á vila, pertenceu á casa dos Lemos. Destes pasou á casa de Altarmira, que Lope Osorio de Moscoso o mercou por 5.500.00 maravedis.

Manuel Muñiz. Presidente

Nas fotografías: O grupo diante da igrexa de Vilabade e coa torre do homenaxe do Castelo ao fondo.