Andanzas,chanzas e danzas en Castroverde:
Hoxe inauguramos unha nova sección no blog baixo o título de “Andanzas, chanzas e danzas en Castroverde” a cargo do noso amigo, socio e ilustre escritor da bisbarra de Castroverde Xosé María Gómez Vilabella.
O longo das vindeiras semanas iránse vertendo novas colaboracións en xeito de tradicións, romances, lembranzas, etc que han servir para encher a nosa memoria e a de toda-las xentes do concello. A Asociación ten a seguranza de que ir cabo delas, semana a semana, será voar aos nosos anos mozos viaxando no tempo.
Nesta primeira colaboración evoca o autor un romance do Camiño Primitivo, cantiga rescatada da memoria da historia e da fantasía do autor que ben podería haber sido salmodiada nas portas dos hospitales de peregriños do vello Camiño. ¡Quizaves, por qué non, así foi!
O artigo, que leva por nome Xénese do Camiño Primitivo, pódese baixar puxando riba do enderezo ao pé desta nota. O editor permitíuse a licenza de facer tres partixas: o introito, o romance e mailo epígono, que non epílogo, final.
http://www.box.net/public/oxepksb2gs
Fotografía: Imaxe de Santiago no antepeito da”Porta de Santiago”, na Muralla da cidade de Lugo
Deixa unha resposta