Historias_intra_da_Bisbarra Archives - Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde
Acto da Iniciativa Galega pola Memoria
O próximo 13 de outubro, a partir das 12’30 h. da mañá, haberá en Montecubeiro (parroquia do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo, alí mesmo lembradas nun monolito que lembra o asasinato de 15 persoas desa parroquia, cuxo único delito foi defender a democracia republicana no 1936.
Dito homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde -Baralla-, que o único que conseguiron é retratar como un franquista “de-toda-a-vida” a ese persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora galega de grupos memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere dar unha resposta forte e chea de valores cívicos profundamente ancorados nos principios da democracia a tais manifestacións do innomeable alcalde. Por iso, o acto de homenaxe ás vítimas do franquismo do día 13 de outubro terá a seguinte programación:
– Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.
– Intervención do representante da Deputación de Lugo, Sr. Mario Outeiro, representando á autoridade do estado.
– Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucensa, Sr. Claudio Rodríguez Fer.
– Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.
– Actuación da artista galega Mercedes Peón.
Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a Castroverde, ao restaurante O Pereira-2, onde temos contratado alí un menú para celebrar conxuntamente tal evento. Podédesvos apuntar a este xantar -cun prezo de 15 euros por cabeza-, na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/1XL2-AC4sqBi_LeRdwuCWXBdSuYHGDeI4i1R8aak4oVg/viewform
Só tedes que encher o formulario que sae logo de premer na ligazón para anotarse ao xantar. É obrigatorio poñer unha conta de correo electrónico, caso de  que non a teñades, poñede a  de alguén coñecidx.
En arquivos adxuntos, vai o cartel anunciante do acto, un tríptico que informa máis sobre o que pasou en Montecubeiro, e das razóns que levan á Iniciativa Galega pola Memoria a convocar o acto de homenaxe ás vítimas do franquismo, e máis un arquivo dun acceso á parroquia de Montecubeiro desde a autovía que vai de A Coruña á Pedrafita do Cebreiro.
Iniciativa Galega pola Memoria
www.igmemoria.org
Itinerarios e decisións (Actos do 7-9-2013 en San Cibrao)
DESPOIS DA INAUGURACIÓN, EN MONTECUBEIRO
Queridos amigos, que estamos no miolo dun Couto, concretamente no monte dos cupeiros, das cubas, e por engado no berce onde se criaron centos de emigrantes a Cuba, que xa é un paradoxo, o de Monte-cubeiro (Montecubeiro) evidénciase con só recrear a vista nestas curvas tan frondosas e atractivas que nos rodean pois topónimo máis axeitado non cabe imaxinalo. Con iso e con todo, para min, e espero non ser o único en así catalogalo, estamos nun monte sacro, sacrosanto, polo cúmulo de feitos dos que foi escenario, ara ou altar de sacrificios.
Comezando polas mámoas de Eiladrán, ou Hiladrán, que das dúas maneiras se lle veu chamando, profanadas pola fame, pola fame de terras para facer decrúas, cavadas e pasteiros, pasamos aos recintos castrexos, precedente das comunidades de veciños, evacuados en dirección ao Medullius, que logo sería coñecido como Mons Ciro, monte de Ciro, aquel centurión avasallador, que non só ocasionou o envelenamento dos nativos con zume de teixo (taxus) cando se lles esgotaron os víveres, ou as lagoas, senón que, na súa rapina invasora abriu a ruta do Val do Azúmara, do que espoliaron, segundo Plinio, ¡nun ano!, sete mil libras de ouro. Fai cousa de tres ou catro anos aínda se rexistrou unha denuncia mineira para Arcos dos Frades, aí abaixo. Nesta parroquia, na nosa, quedounos esta lembranza entre outras, nas “grobas”, nos lavadoiros de Insua. (¡Por algo tiñan tan présa en facer, en obrigar a facer, as murallas, esa “caixa forte” de Lugo!).
Despois, todo por aquí, viñeron os eremitas, entre eles os da Valga do Santo Estevo, subindo de Veiga a Maxide, con ese topónimo sacro tamén tan elocuente, e co seu rego de auga bendita, excelente; bendita para min, pero non o foi para as pas da Concentración Parcelaria, tan expertas en soterrar pretéritos ilustres.
O ouro levárono pero deixáronnos o ferro, en particular o do monte da Ferreira, beneficiado nos fornos do Escouredo, coa potencia calorífica das uces e dos carballos deste couto; eu mesmo tiven nas mans, repetidas veces, grandes e abundantes escouras, que emerxían nas aradas dese lugar.
Tras, ou cos, eremitorios, ¡monte sacro!, erixíronse as capelas: Santiago de Foxos; Santo Adrao, AS Catro Cruces, da Cernada; Santa Petronila…; culminando co convento dos beneditinos, que pasou despois aos dominicos. As súas advocacións confirmar a súa antigüidade pois todas teñen, tiveron, invocacións típicas dos primeiros séculos do cristianismo en Galicia.
Non hai forma de investigar se andou por aquí Prisciliano, pero sabida a súa predilección polas carballeiras, herdada dos druídas, nada me estrañaría que lle debamos tanto ou máis que ao propio Santiago.
A xente desta parte do país, que sempre foi de carácter, -sabido é canto inflúe na personalidade o ambiente do berce respectivo-, non admitiu aquel chanchullo, aquel amaño familiar, da designación do Rei Silo, así que a Gallaecia Occidental negoulle acatamento, e por ende, tributos, expoñéndose así as represalias. Outro martirio, outro holocausto, que se iniciou no Monte da Matanza; queimado ese monte, que diso vén o topónimo Cádavo, os perseguidos retrocederon para o monte sacro, para o monte das espesuras, culminándose o holocausto aí arriba, na Fonte de Matahomes, que dá lugar ao sacrosanto cemiterio do Rego dos Ósos, que non dos osos.
Tras dos eremitas, os frades, de beneditinos a dominicos, e con eles as decrúas, os foros, décimos e primicias, ¡prima noctis incluída!, pero tamén a cultura, que non debeu ser pouca pois aquel Muñiz de Carvajal se fose un pailán nin daría chegado a Sevilla nin o levaría consigo, no seu equipo, o Licenciado Briviesca de Muñatones, destinado ao Goberno do Perú, no ano 1560.
Montecubeiro, un faro cultural nas tebras da época; sobran testemuñas diso, pero só citarei dous ou tres fitos: O noso frade, Manuel García y Gil, aquel teólogo de sona, figura cume no Concilio Vaticano I, que comezou aquí, no noso convento, de mestre dos seus foreiros, para chegar a eminencia cardinalicia no ano 1877, designado polo Papa Pío XI. A pléiade de mestres de “a ferrado”, ilustres fillos dos ilustrados polos nosos frades, que irradiaron cultura, nos séculos XIX e XX, por toda a contorna, a distancias incribles, pois chegaron ao Corgo, a Muxa, Valeira, Pol, etcétera. A guerra “incivil”, que fundamentalmente foi unha alarma, un pánico que lle entrou ao caciquismo cando se decataron de que estaban desaparecendo os analfabetos, colleunos neste Couto, ¡con unha biblioteca circulante, -libros a préstamo, para devolver os domingos “de Meira”-, e con unha Unión de Agricultores y Ganaderos! Dezaseis mortos dos 65 acusados e perseguidos, coido que é unha cifra elocuente, que non precisa comentarios.
Culminada, por entón, a fase das letras, Montecubeiro estaba pasando á das ciencias, aos saberes científicos, á racionalidade paulatina do traballo. Non coñecían a Pert, pero si os accesos ao “camiño crítico”, á arte, ¡á ciencia!, de engadir valores. Os frades ilustraran aos nosos emigrantes, e este triunfaban en América, de onde volveron maduros e cos coñecementos incrementados; con cartos, e tamén coa xenerosidade de estimular aos seus irmáns, pero tamén aos veciños.
¿Cómo sería Montecubeiro sen aquela guerra estúpida, inxustificada? Téñoo claro: ¡unha industria agroalimentaria, con subministres a domicilio, pedidos por Internet, ademais dun artesanado mecanizado de artigos elaborados con madeiras nobres, tantas que había aquí antes da Concentración! Unha terra feraz e unha xente instruída, avanzada, tiña que conducir a avances espectaculares.
Por aquel entón meu pai non paraba de facer escrituras de permuta de fincas, co cal uníanse, reuníanse, as de verdadeiro interese. Tamén se acudía a empedrar os camiños por prestación persoal non regateada. Eu mesmo entrei en Berlán, con un De Soto, desde Mosteiro, polo camiño de carro, en maio do ano 1957, ¡nunha zona de bocarribeira! De seguir aquela Unión, aquela cooperación, cando viñesen as leis de Concentración Parcelaria Montecubeiro acolleríase, ¡seguro!, á Concentración Privada, tamén con vías e obras de financiamento público, que son as boas, as boas concentracións, e non esa frustración, ese letargo, esas desviacións que tivemos/que padeceron estes veciños durante quince anos.
Como o pasado é pasado, e por tanto irreversible, o que nos ten que servir é de lección para reconducir o porvir en consonancia coas esixencias desta fase de globalización que lle toca vivir á xeración do século XXI.
Para enderezar rumbos o primeiro é mentalizarse que, sen desprezar as letras, compre utilizalas para avanzar nas ciencias, en particular no estudio das posibilidades de cada zona, fuxindo dos cultivos que deixen de ser rendibles por excesos competitivos. Nos meus tempos de directivo de Banca sempre me preocuparon  as empresas inmobilistas, rutineiras, acollidas a sectores saturados, por altos que fosen os seus ratios de solvencia monetaria.
Montecubeiro tivo unha boa oportunidade coa louseira da Mouriña, naqueles anos de febre construtiva, pero tamén foi unha sorte para a ecoloxía que non se pasase da fase de adquisición de participacións.
Outra ocasión perdida foi a época de fabricacións de mobiliario e demais útiles con madeiras nobres, que estivemos importando de Portugal, con tantas árbores de calidade que había daquela na parroquia e que acabaron mal vendidas e mal aproveitadas por falta de iniciativas, pero iso tamén pasou á historia, e tardará en volver polas nosas ignorancias e pasividades en arboricultura.
Eu mesmo lle tiven postos os ollos ao embotellamento da Fonte das Augas minero-medicinais, na Ferradura, e boa decepción me levei cando descubrín que unha pista de Concentración Parcelaria entullara a fonte principal. Aquelas augas ferruxinosas terían hoxe un gran mercado, pero está visto que o bo, ou nolo rouban ou o inutilizamos nós mesmos.
Os avances en técnicas de conservación de produtos agrícolas, tales como a liofilización das castañas, están en auxe, con un mercado insatisfeito, particularmente atendendo pedidos domiciliarios por Internet, ¡que son as feiras modernas, e por tanto a mellor forma de prescindir de intermediarios monopolistas, pero, de presente, non cabe dar receitas concretas sobre produtos específicos porque a crises actual fará pensar moito, así que tomará derivacións socioeconómicas imprevisibles, hoxe inesperadas, pero en todo caso o abano de posibilidades de Montecubeiro é grande…, se nos molestamos en abrilo, en usalo! Daquela as novas xeracións teñen moito que aprender, pero tamén de quén e de qué facelo, así que só me cabe desexarlles ánimos. “Cave ne cadas”, que dicían os romanos; que non decaian, que avancen, que fagan honor á herdanza recibida…, pero á positiva!
Lembrando os vellos camiños é como mellor se dexergan os novos, as novas oportunidades, así que, como din os mariñeiros, ¡avante toda!, abramos novas oportunidades, que materia prima tedes. ¡É cuestión de roza-las silvas, que agora temos máquinas e non aqueles entregos, que o fixeron con aixada e fouciño!
Xosé María Gómez Vilabella
Castroverdenses polo mundo
X.Manuel Pol, nos cincuenta, era paracaidista do Exército do Aire
Un aventureiro paracaidista que saltou á gran pantalla
Pol conserva a súa paixón pola historia e organiza o baile dominical do Corgo
Autor: Laura lópez. Localidade: Lugo / A Voz
Data de publicación: 9/2/2011
A vida de José Manuel Pol daría para escribir un libro. Ou unha enciclopedia enteira. A súa non é unha, senón varias vidas. Leva con el mil historias e experiencias que comparte como un libro aberto. Este aventureiro, natural de Castroverde, aínda que fincado en Adai (O Corgo), foi paracaidista, taxista, caseiro na residencia do xeneral Tella, actor na pequena e na gran pantalla, e agora compaxina a súa paixón pola historia co baile que cada domingo prepara no centro sociocultural do Corgo.
(ver máis)
Choivas torrenciais no noroeste peninsular. Castroverde un dos concellos lucenses máis afectados
Desbordamento do Chamoso ao seu paso por Bolaño, en Castroverde
“As choivas torrenciais deixan unha riada de danos cuantiosos na  provincia, con catro pontes destruídas en Marei (O Corgo), A Pobra de  San Xiao e dúas en Baleira, e innumerables danos en Portomarín,  Castroverde e O Corgo.
En Castroverde a choiva torrencial afundiu a estrada entre Goi e  Tórdea e causou importantes danos nas pontes de Mirandela, Furís e  Miranda. “
Ver nova enteira no PROGRESO:
O temporal deixa unha riada de danos e hoxe entra outra fronte
08/01/2011 – El Progreso (Lugo)
Reportaxe das inundacións de Castroverde, no albume do blog
Historias intra da bisbarra
O Paio de Sampaio
O diaño me tentou aquela noite, mentres quentaba as canelas na cociña vella da Pallota, nunha rolda de contos diso, de lareira, referir o que lle pasou ao Afonso da Cordeira coa mestra do Pombal. Veredes o por qué, qué complicacións e qué descubrimentos traen consigo as palabras, algunhas verbas, maiormente as angulares, que non todas, por suposto, que tamén as hai que funcionan de macheta, e despois están as de recheo, etcétera.
Aquel Afonso, de grata memoria, fora comisionado para ir a Castroverde a busca-la nova mestra, que tiña anunciada a súa chegada no coche da tarde, no dos Veigas. Á saída da Misa, que era cando daba as ordes aquel pedáneo, aquel Dositeo da Cernada, máis coñecido polo alcume de “Dixen”, un alzado, un verdadeiro pretor por aqueles días do Alzamento…, algún gracioso propuxo que fose o tal Afonso a busca-la mestra, pois aínda que non tiña fillos en idade escolar, dispoñía dunha boa cabalgadura… ¡Iso si, pois a burra do Afonso tanto andaba na directa como na reversa!
Non tiña fillos na escola, xa o dixen, pero tiña cinco cargos, todos por enchufe do señor cura, de don Benito, aliado co pedáneo Dixen. Era, ou exercía de, campaneiro, enterrador, sancristán, apousentador da tropa, e, a maiores, alguacil das cacicadas. ¡Demasiadas prebendas como para negarse a unha prestación cívica, persoal! Cómo non sería a cousa, que incluso tiña unha camisa azul, bordada en rojo ayer, para aquelas ocasións marcadamente protocolarias. O pobre Afonso, ¡que digo de pobre, pois ese está no Ceo, seguro que si, con cargos e ben pagado, polo menos de alguacil das ánimas, ou de introdutor dos responsos!, aceptou aquela comisión sen rechiar.
Despois da encomenda, nunha especie de grazas a Deus, que non ao Afonso, cantouse o Cara al sol, e tiráronse aos catro ventos, desde os coutos aos cubeiros, aqueles urros triunfais, que para iso do Imperio, en Montecubeiro, ¡todo, ou nada! Foi cousa de ver, irrepetible, a daquel enterrador coreando os vivas dos esbirros matachíns.
Fóronse para Castroverde, de seguido, que aquel domingo non tocaba feira, e non había acompañantes, o señor Ignacio e mailo Afonso. Ignacio a buscar o correo, e Afonso para recolle-la mestra, unha civilizadora da Normal, séxase, normalizada!
Xa de volta, por Bolaño adiante, con outros que volvían de Lugo, chegando ao río Chamoso, deron en ladrar os cans do señor Xervasio, se cadra polo barullo que percibisen…; e daquela a burra, que non era de tanta paz coma o seu amo, sacudiu as pulgas de tal xeito que deu coa mestra no chan, medio envolta e medio revolta na propia saia…; ¡nun retallo dela, que por entón a norma era longa pero a tela escaseaba! A mestra, que por algo era de Lugo, e por iso, aleuta, apartou aquela bufanda que se lle formara coa fanguela, para devolvela ao seu oficio de saia, e despois diso levantouse, nun tris, visto e non visto…; ¡tanto que había para ver, ou polo menos, para entrever! Afonso, todo galantería, todo servidume, arrimoulle a burra á parede daqueles prados do muíño para que lle servise de montante, que non lle deu tempo para máis, e coa mesma, a ínclita volveuse á albarda, antes de que Afonso, ou Ignacio, ou calquera dos que viñamos de Lugo, tivésemos tempo para galantear, para axudarlle, naquel transo, naquel apuro, naquel ridículo, naquela vergoña… Pero ela, a señorita, só falou co Afonso, que aos demais fíxonos de menos; ¡no meu caso era natural, un impúbere!
-¿Alfonso, has visto mi prontitud? ¡Espléndida! ¿No?
-Señora mestra, eu…; eu non lla vin, que a leva ben tapada, con esas braguiñas mouras…; e logo que…, aquí non se lle chama así á regaña das mulleres, que se lle di a paxara…, ¡con perdón dos paxariños!
Aínda ben non rematara con aquela historia verde, a xogo coas outras que se estaban contando, por quenllas, que de conto nada tiña, ¡dou fe!, na taberna susodita, nesa da Pallota, cando un daqueles parroquianos, que era de Sampaio por máis datos, exclamou:
-¡Esi home ye bobo, que pudo tarse callau, ou dicirlle que lla volvese a ensinar, de vagar, pero máis adiante; a soas, por suposto!
Daquela houbo algún riso, pero eu non entendín máis nada de semellante xerga. Tempo adiante, vivindo nas Asturies, decateime de que aquel señor de Sampaio chapurreara dúas ou tres verbas, ¡en bable! Volvín pola Pallota, ex professo, pero levoume tres días; tres días de investigación e de inquéritos para localizar ao meu interlocutor, ao señor de marras, aquel do bable:
-Mire que ardo en curiosidade por saber cómo é que vostede, naquela ocasión, aí na Pallota, dixo aquelas palabras, ¡en bable! Por máis que preguntei, todos me dixeron que vostede nunca da Fonsagrada pasou…; pero non só iso, senón que estes días, falando con xente deste contorno, atopei algún que outro que bablea…, coma vostede!
Enfadouse e interrompeume:
-Aquí non babea ninguén; e teña conta do que di, que me estou cargando de razón!
-Señor, calma, que a cousa non vai a maiores, pois iso do bable élle a lingua dos ástures…
-¿Como que dos ástures? ¿Así que, por aló adiante, eses parentes só saben o que aprenderon de nós, dos da casa matriz, dos lucenses?
Demos en falar, cun bo viño de Quiroga por compañeiro a falta de sidrina, e aquel paisano repasoume, nunha tarde, cen follas da Historia medieval. Contaban os seus antepasados que o morgado das Torres do Souto, hoxe Souto das Torres, ¡que a saber por qué o reviraron!, daquela que os mouros se achegaron aquí por Lugo, que ben coidaron que era a Meca do Poñente, pero, ¡arrefriáronse!, propúxolles aos seus rendeiros repregarse pola Vía de Gigia, para as montañas das Asturies, onde era máis fácil defenderse das cimitarras daqueles agarenos, que alí chegaba con subirse aos riscos e arrearlles catro cantazos…
Coa mesma fóronse cara aló, cara ao sol, ao Nacente, arreando naqueles rabaños da facenda miúda, uns a pé e os outros andando, de quitado uns cantos cabaleiros, así chamados porque tiñan cabalo propio, de seu, que non por outra cousa, non se pense mal! Pero denantes pecharon, ou trancaron, a igrexiña do San Paio, que fora da mesma familia condal, tamén coñecido por Pelayo entre os godos, seus veciños, ou máis ben, seus opoñentes, pois eran unha xente lixeira, e mal falada.
Fose Paio, ou Pelayo, ou Pelaxio, o caso é que se trataba dun fillo do conde de Flammoso, que lles capitaneou aquela éxida – persecución, mal ou ben calculada, cara á Fons Sacra, pola Vía susodita de Gigia, montañas adiante; ¡adiante e arriba, pois houbo que subi-lo Acevo!
O señor de Sampaio, aquel amigo recuperado, non se lembraba ben do que lles pasou despois nas Asturies, pero si de que seu avó contaba que o avó del lle dixera…, e por aí adiante, que seus primos, aqueles emigrantes dos cantazos, despois daquela pandeirada da Cova d´Onga, quedáranse por aló, nesa terra do anís…
Quixen axudarlle, con precaución, sen facelo de menos, por suposto:
-¿A vostede sóalle…, Cangas de Onís?
-¡Home, iso de “Cangas”…! Cangas son os xugos abertos…, que casualmente téñoos eu, a pares, que os uso para acola-lo millo!
Xa descubrira o máis importante, así que cambiei de terzo, disposto a lograr unha conquista; ¡ou unha reconquista, por usa-lo termo clásico, consagrado polo uso!
-Mire, deixemos iso, que non ten maior importancia. O que si lle prego é que faga un esforzo de memoria para que me refira canto se lembre desa historia da súa familia…, pois en Historia, como en todo, os mosaicos fanse coas teselas das lembranzas dos coetáneos!
-¡Pouco máis me queda no tinteiro…! Pero non, que aínda non falamos de cando os parentes reclamaron a súa herdanza, aquel herdo ancestral…
Tratei de aceleralo, pero a xente do campo non entende a fogaxe dos chupatintas:
-¡Conte, conte, que se me está avivando o lume da curiosidade!
-Entón, ¡téngotelo que contar! Un dos primos do meu vello…, que xa non sei cómo habería que chamarlle a un parente tan lonxano, que eu só sei dicir tataravó…, e para de contar! Aqueles primos querían mandar en nós, ¡nos propios morgados, nos da casa matriz!
A miña comprensión, modestia á parte, era total:
-¡Claro; despois do que se lles axudou desde aquí, desde a retagarda, maiormente con homes e con munición de boca, para bota-la mourería, aqueles encovados das bocarribeiras ástures, aquilo das Asturies, Patria querida, que houbo que reinventala, e poboala, coma se nunca houbese existido don Oppas, nin a tal Florinda la Cava, aquela moza de Septa…!
Non me fixo caso, ou é que non entendeu as miñas alusións, así que tirou para adiante:
-Como nestis casos sempre hai algún veciño con práutica que avise do lume, achegouse por aquí, ¡e rebentou un cabalo!, un parente de por aló, da Fonsagrada, ou de Grandas, ou dos Oscos…; dá igual, pois o importante foi a novidade, que nos dixo que quedaba nos pradais do Burón, mantendo as eguas e dándolle ao bollu preñau, de paso que afiaba nas espingardas da súa xente, un tal Xilo…
-Non, señor; era Silo, un Rei da Gallaecia, sexto dos que se afincaron nas Asturies, que nos foi imposto pola súa camarilla, por aqueles señoritus de Ovieu…
-¡Ah! ¡Daquela igual foi o inventor dos silos…! Pero, ao caso: Aquel tipo non viña con trazas de axudarnos a segar, que estaba facendo tempo para que recollésemos o cereal, nós, polo Chamoso abaixo, pois, con aquelas bisarmas, con aquelas alabardas, o que afeitaban eles eran as barbas do veciño! Estaba facendo tempo para darnos lugar a que recollésemos o pan, e o peneirásemos de contado…, nosoutros! De advertidos, os de por aquí xuntaron canta egua se atopaba senlleira, desde Gomeán a Bascuas, ¡pois con pallabres, cero! De paso, arramplaron con canta fouce e gadaña había, estivesen ou non afiadas! Así que, como din que non hai mellor defensa que un bo ataque, os de por aquí traspasaron a Vacariza, para térlle-lo camín arriba do Cádavo… Alí fixeron unha matanza de primos, tan ao rente que aquilo parecía unha seara, que só lles faltou facer medeiros cos mortos, de tantos que había, por ámbalas partes!
Animei no señor, que a cousa, se non era vera, polo menos estaba ben trovata:
-¡Élle certo todo iso, que aí no Cádavo, nese “campo dos tizóns”, porque os ástures queimaron a toxeira para mellor perseguir aos nosos, aínda se conserva outro nome de referencia, o de “Campo da Matanza”! Tamén está a cousa do escudo da Baleira, o antigo, o verdadeiro…
-¿Ah, si; de veras? ¡Daquela terei que ver esas cousas, por ante min, antes de morrer, para deixárlle-lo contado aos meus guages…, como ficieron comigo aqueles avós!
-De paso pregunte pola Casa do Concello, pola vella, que alí, se non se cansaron del, teñen un escudo en gra, inspirado precisamente nesa batalla, pero os do Val din que foi unha guerra cos mouros…, porque lles resulta máis lendario!
-E non me estraña, -asentiu o meu relator, -que aqueles cadáveres ben mouros quedaron; ¡puro tizón, puro cádavo!
-¡Tanto como mouros…; o que quedarían sería brancos, ao perde-lo sangue…!
-¡Diso nada, rapaciello! Quedaron mouros, chamuscados, pois os nosos, os de por aquí, por culpa daquela cheirume, coas fouces e coas gadañas que levaban, deron en coller toxos e xestas, e con iso apiñaron aqueles cadáveres nunha meda… Pero, ao que íamos: ¿Ti viñeches na miña busca simplemente pola curiosidade de que digo palabras que se parecen ao bable dos asturianines?
Tiven que calar, derrotado. O señor perfeccionou seguidamente a miña cultura:
-¡Como non lle ían chamar Cádavo a un campo de tizóns, de tizóns e de ósos calcinados!
-¡Vostede abráiame coa súa sabenza, que vai alén do que é popular!
-¿Que queres dicir con iso? ¡Aclárate!
-Mire, a cultura medio consiste en pasarnos os saberes uns aos outros. Iso de abraiar é un modernismo, que vén a ser…, asombrarse, moito, con algo inesperado, ou con algo que mal se entende, que non o entenden os non iniciados. ¿Sabe?
-¡Vale, ho, que con iso, hoxe por hoxe, quedo conforme; conforme e despachado! Agora voume a por un carru yerba…, que eu non vivo das túas historias!
-Espere un momento, por favor, pois agora que sei de qué vai o conto, voulle contar a miña, os flocos deste asunto, que son dúas verbas: Aquela batalla do Cádavo rematou máis adiante, no meu Monte, no Monte Cuperio, nun sitio que aínda lle chaman Rego dos Ósos, que o encabeza un manancial ao que lle din, con xusteza histórica, Fonte de Matahomes.
-¿De Matahomes; seguro? ¿E non será a Fonte do Chopo, aquela da que di a copla: Fuente del Chopo si hablaras / tus aguas aclararían…?
O meu abraio foi a máis:
-¿Tamén sabe a copla dos Vilares…? ¡Ai logo; vostede é unha eminencia, unha enciclopedia, un patriarca!
-Non, ho, algo menos, que nos meus tempos só tiñamos o Catón; despois veu ese Rayas…, e por aí adiante!
-¡Non sabe qué agradecido lle estou, que vostede descubriume un secreto moi particular da nosa Historia; afellas que si!
-¿Quen? ¿Eu? ¡Chacho, non vaciles cun vello!
-¡Si, vostede, en efecto; o malo será que non llo poderei contar a ninguén…, porque non me crerán!
Aquí estouno contando, e ademais, por escrito, pero con tanta timidez que nin case me atrevo a facelo, por se non me credes! O que está claro é que nese Sampaio da estrada de Lugo algo de bable quedou, trouxéseno ou leváseno de por aquí, que igual o trouxeron, no 36, aqueles soldadiños do tenente coronel Teijeiro! Polo que respecta a don Pelayo, ou Paio, se é que non foi unha inventada, se é que foi o primeiro, e non aquel Pelaio Favila, aquel do oso, fose ou non fose conde de Flammoso, ¡paio, o que é paio, non foi, en nada, que lle deu un nome axeitado á súa Cova d´Onga!
Xosé María Gómez Vilabella
O Concello de Castroverde ten nesta obra un antes e un despois
“CASTROVERDE na historia e no presente”
de
Xosé María Gómez Vilabella
Edita: Xunta de Galicia.
Imprime: Alva gráfica S.L. 2008
Diseño y maquetación: Mazairagrafismo S.L.
Depósito legal: C 2804-2008
Recensión
Por
José Enrique Villarino Valdivielso
Foi a finais dos sesenta cando tiven a oportunidade de ler “Violencia y ternura”, un libro excelente, que leva como subtítulo “Un ensayo sobre la urdimbre afectiva”, do insigne neurólogo lucense, pai da medicina psicosomática, que foi Juan Rof Carballo, fillo do tamén insigne veterinario e científico Juan Rof Codina.
Podemos dicir que Xosé María Gómez Vilabella, paisano do doutor Rof Carballo, coa obra “CASTROVERDE na historia e no presente”, cumpre coa íntima e persoal urdime afectiva, a que desde a súa nenez nos cumes das terras do Mons Cuperium, seu Montecubeiro natal, ata hoxe, foi entretecendo, tramando, ao longo da súa vida, porque unha especial urdime afectiva é o que destila esta obra, a última das súas que ata hoxe viron a luz na imprenta, das moi variadas en temática e abundantes deste autor.
Entendía Rof Carballo que é decisiva na personalidade humana a urdime de afectos que nos primeiros anos das criaturas se establecen entre nai e fillo, ao traveso de todo tipo de complicidades, mimos, proximidade, tactos, olores, verbas, etcétera, para ter unha adulta e correcta estrutura emocional do futuro home ou muller. Tan forte foi a urdime e maila trama afectiva de Gómez Vilabella coas terras e cos entregos, que estes quedaron marcados a fogo, pero tenros, na súa personalidade actual, que aquí, en forma de libro, nos narra e explicita.
Quero atopar unha razón para iso na peripecia vital de Gómez Vilabella, quen desde os seus anos mozos deixou aqueles cumes desde os que se abre o vallis viridis dos romanos, para cambialos por outros moi distintos e variopintos paisaxes xeográficos e vitais. Por exemplo, o que vai do seu verde, valla a redundancia, Castroverde natal ás dunas e soidades do Sáhara, toda unha gama de matices e distancias. Iso, con outros destinos ao longo e ao ancho da xeografía ibérica, disparou a súa necesidade de saldar esa conta pendente co seu gran amor, despois do que profesa por Xosefina e pola súa familia, coa súa terra. De aí esta obra; de aí “CASTROVERDE na historia e no presente”.
Non é doado resumir nun par de folios as trescentas vinte e cinco páxinas, anexo incluído, dunha completísima e excelente bibliografía, que compoñen a obra. Pero cómpre afirmar unha característica singular deste libro: a ruptura da clásica estrutura cronolóxica ao longo da exposición de temas e narracións. Polo contrario, a sensación é de simultaneidade, á marxe do tempo, entre o histórico e o moderno, entre o antigo e mailo actual. Ao longo dos capítulos van xurdindo, nun galego de calidade, que xa é difícil de atopar, os datos sociodemográficos do municipio, o seu DNI; a Torre da homenaxe do antigo castelo dos Castro-Ossorio-Lemos que preside a vila e maila comarca, “A Fortaleza” para nosoutros, así como outras construcións de casas grandes, casoas e pazos esparexidos polas nosas terras; un complexo dicionario onomástico de persoeiros e fillos da terra que o autor aliña por estrito orde alfabético en prevención de posibles adxudicacións partidarias, etcétera, para introducir, de pronto, unha incursión polos fitos máis antigos e pretéritos do concello. Así, por exemplo, dálle un lugar destacado á Cova da Valiña, monumento paleolítico aínda por valorar nas súas debidas dimensións; un paseo polas convulsións da Idade Media; o que socarronamente denomina o autor, “iso que chamamos Idade Moderna”, ou o que para a comarca supuxo o Antigo Réxime. De todo iso hai na obra cumpridos detalles de feitos, datas, casas, liñaxes e paraxes.
Vén a dicirnos o autor, ao traveso dunha estrutura narrativa que contrasta coa máis habitual que segue o rigorismo académico de idades e datas históricas, que os segredos do actual, do historicamente máis próximo, atópanse, sempre, nunha viaxe ao pasado. Por iso Gómez Vilabella invérteo, traendo nesta, para o lector, primeira parte do libro, á impronta recente da memoria do lector, o máis remoto. A historia toda. Unha sabia, atrevida, e acertada, neste caso, formulación narrativa.
Para este comentarista, a partir diso, prodúcese un cambio de terzo, e ábrese unha segunda parte na que se suceden unha serie de fotogramas que serven de guía histórica, antropolóxica, e ata turística, tanto para o paisanaxe autóctono como para profanos e demais xente que nunca pisou estas belísimas terras.
Ao longo e ao ancho desta segunda metade do libro destacan, como non podía ser doutra forma, as páxinas dedicadas ao Camiño Primitivo, acaso o meirande e máis representativo paradigma deste municipio, en torno ao que se foi tecendo a súa historia, e que descorre por unha antiga vía romana que intercepta outras dúas que o atravesan.  Máis adiante, un inventario dos antigos oficios, cuxa inmensa maioría xa feneceu, ou están na UVI outros poucos que testemuñalmente se manteñen vivos polo que duren os seus exercentes, porque tamén o autor exerceu algún deles, entre o que figura a prescrición divina de calzar ao descalzo: zoqueiro. Polas súas páxinas desfila un exército de oficios, e, por qué non, profesións tales como albardeiros, canteiros, carpinteiros, cereiros, cerralleiros, cesteiros, xastres, ferreiros, muiñeiros, zoqueiros, e incluso algún feminino como os de tecedora e costureira. ¡Ata capadores hai!
Outra invariante destas terras, que tan ben trata e coñece o autor, é a Feira castroverdense que, puntualmente, en domingos alternos, convocaba a tódolos seus habitantes e foráneos. Dicimos, convocaba xa que uns desmellorados e terminais restos quedan daquelas espléndidas feiras dos años cincuenta, no máximo demográfico do concello, coas súas subfeiras –perdón polo palabro- do gando, os polos, os ovos, os queixos, a ferramenta, os apeiros e, para rematar tratos e non tratos, uns ben regados e ben comidos pratos de fumeante pulpo en torno a tres ou catro caldeiros atendidos por solícitas pulpeiras. Tempos aqueles que nos fotografía e narra o autor e que o comentarista tivo, tamén, a sorte de poder gardar na súa retina da nenez. ¡Quédanos o polbo, ou pulpo, que mentres exista, feira teremos!, di o autor como un desconsolado consolo.
Espazo teñen tamén nas páxinas do libro a literatura, as tradicións e as festas. Mención minuciosa e detallada reciben as parroquias do municipio, para cada unha das trinta e sete existentes, -¿que concello, di o autor, ten outras tantas?- ás que lles dedica un bo puñado de datos e descricións, moi difíciles de encontrar, con tal detalle, noutras fontes escritas. Ao falar de las parroquias, o autor tamén o fai das súas igrexas, capelas, fontes, accidentes xeográficos, historias, e ata dimes e diretes. Una gran compilación parroquial, froito de moitas horas de consulta e de investigación, e de traballo de campo, xa que nada é nin foi dado de gratis. De entre todas, e non é para menos, destaca a de San Ciprián ou San Cipriano de Montecubeiro, que por ser a natal do autor, trátaa con todo cariño e erudición.
Recentemente Castroverde levou a cabo irmandamentos cos seus homónimos peninsulares: un, en terras do Cerrato; outro, en terra de Campos; ambos na ampla Castela; e outro máis no Alentexo portugués. Con estas referencias, e a súa solvente e rica bibliografía xa citada, remata a súa obra Gómez Vilabella, ademais doutras referencias e temas aquí non citados por razóns de brevidade e de espazo.
Finalmente, un aviso a navegantes, dito que se di, ou máis ben dicía, xa que hoxe en día, navegantes hai, a millóns, no proceloso océano da Internet. Pois ben, aviso: quén queira achegarse ao coñecemento destas terras verdes, de sempre feraces, do Castroverde lucense, cargadas de historia e de esforzos individuais, non vai ter máis remedio que contar con este libro, compendio de datos, historia, ideas y sentimentos. O Concello de Castroverde ten nesta obra un antes e un despois. A súa xente, tamén, xa que dispoñen dun espello nítido no que recoñecerse e recoñecer aos seus antecesores. Sen que soe a pedante, todo, ou case todo, está entre os pregues das súas páxinas; só hai que ter un pouco de sagacidade e de paciencia para atopalo; para o que non estivese, ou o lector non o atopase, o autor dá suficientes ferramentas e pistas para imaxinalo ou descubrilo. Que vostedes o lean ben, e que o gocen. Gárdeno no seu estante máis prezado e denllo a ler aos seus fillos e netos. O que nel se conta, o que narra, e mailo esforzo que o autor puxo, ben o merecen. Sobre todo, moito do que estas terras e a súa  xente, a súa boa xente, viviron e coñeceron, está aquí, nesta historia e neste presente de Castroverde.
Historias intra da Bisbarra
Os suevos de Bergland
Vista parcial do outro Bergland, en Solden, Austria, terra de orixe do nosos suevos.
Comecemos polas partillas, por ese desgarro vital, por ese mal necesario que pon a cada quen en situación fundacional; é un chanzo que invita a subir, unha bifurcación de camiños, un acicate para progresar, que non sempre se cumpre, que non sempre se quere cumprir, pero, ¡é lei de vida!
O vello Gome procedía do Burón, que daquela era, e chamábase, Burg, pois así lle puxeron aqueles suevos designando unha torre, por entón xa abandonada, que a fixeran os romanos para protexer a súa vía, aquela que unía o Lucus Augusti coa Gigia asturicense. Romanos naquela contorna só quedaba un vilar deles aló arriba, de par da Fons Sacrata; os da mesma, ignorando o xermano daqueles suevos, non entenderon iso de Burg, castelo, fortaleza, así que lles pareceu que, por asentarse aqueles suevos aló abaixo, nunha especie de burato, o tal “Burg” debía traducirse por Burón. ¡As consecuencias daquela confusión de linguas iniciada na torre de Babel, que seguirá polos séculos dos séculos, cando tan doado, tan xeitoso e tan musical era aquel galego da Galilea!
O pai de Gome chamábase, e era, Eberardo, ebar + hard, Príncipe Valente. Eberardo chegara ao Burg da Fons Sacrata no ano 410, polo calendario daqueles romanos, para entón xa adscritos ao cristianismo dun tal Sanct Iago, outro galego da Galilea. Asentouse naquel lugar co seu gando, atido ao foedus que pactaran suevos e romanos: ¡Un terzo da Gallaecia, pero limitándose ás terras despoboadas, ou abandonadas! Tiña de prole os seguintes: Andulfo, o Lobo, que era un gran cazador, e de casado quedouse no burg de seu pai, como tal primoxénito. Despois viña Gome, do que falaremos engorde; e unhas cantas fillas, tan machotas elas, tan walquirias, que ningún suevo as quixo por esposas, pero fóronlle de gran utilidade a seu irmán encargándoselle da facenda miúda.
Casado o tal Gome, e como o casado casa quere, deulle Eberardo un capitaliño en reses de todo tipo, maiormente vacún, e coa mesma despedíronse, esperanzados en que volverían a verse, ¡Aufwiedersehen!, pero…, ¡a glaucoma do Eberardo, á forza de chorar polo fillo ausente, agravouse, así que tan só o puido palpar e abrazar nunha ocasión na que volveu para informar a seu pai da sorte que tivera encontrando desértico o asentamento dos caranicum, que se foran, todos eles, absolutamente todos, para a urbe principal, para o Lucus Augusti, hipnotizados pola boa vida que se daban aqueles lucenses, e ignorando, ¡daquela, pero despois, co seu Caranicum repoboado polos suevos, tarde piaches!, que é preferible ser cabeza de rato que rabo de xato.
Á terra dos caranicum aquel Gome deu en chamarlle Caraño, e alí se asentou, comezando a proliferar coa súa meirega, Adelheid, á que hoxe chamaríamos Adelaida, querendo significar que era de condición, de condición e de aspecto ou familia, nobre. Primeiro xeraron outra walquiria, que se parecía un montón ás súas tías, maiormente no de atravesada, pero deu cun submiso e houbo casoiro; esta filla, chamada Olga, que vén a ser o contrario de “folga”, polo seu dinamismo, que xa saíu da matriz de súa nai berrando e pateando, foi a führer da casa paterna, a condutora, a mandona, así que se quedou nela de morgada, desprazando aos seguintes, que tiveron que busca-la vida por onde puideron, por onde atoparon baleiros para o seu asentamento.
Á segunda filla puxéronlle Cadegunda, que vén a significar que a segunda parecíase á primeira, pero resultou algo máis pacífica. Casou cun mozo que fora encargado dunha villae romana, e por tanto sabía dirixi-las labranzas. Decruaron un bo cacho do Val do Eo, e dedicáronse a sementar millo para mellor alimentar o seu gando; de aí que lle puxeran Milleirós ao seu territorio. ¡Todo a millo miúdo, que daquela non se coñecía o outro, o americano!
O terceiro, ¡por fin!, saíu varón, pero a morgadía xa estaba outorgada, así que tivo que buscarse os pastos por onde Deus lle deu a entender. De casado coa filla dun tal Hermunde, un home moi pío, un auténtico druída, con capela e todo, por consello daquel sabio ocuparon unhas xunqueiras abandonadas, que tiñan de cabeceira un castro e non quedaban lonxe da Vila de Cirio. Ciro fora o conquistador do Mons Medullius, e Roma asignáralle as terras da súa aba, que por deformación fonética a xente chegou a confundir o seu nome co que se lle daba a unha vela grande das de cera das abellas. Este terceiro, do que non se lembra o seu nome pois resultou máis coñecido polo feito da gran casa que construíu na xunqueira, -unha xunqueira para os suevos era un Rois-, así que deron en chamarlle Neuhaussen, ¡o da Casa Nova! Este home tamén casou cunha meirega, do lugar de Rielo, e tanto lles gustaba aos seus fillos aquel nome que o tomaron por apelido seu, e así lles quedou, definitivo.
Ao cuarto, ao benxamín, preferiron non poñerlle nome para que seguise e conservase o de seu pai, o daquel Gome, así que deron en chamarlle, Gómez, que significa, o fillo de Gome. O pai encamiñouno á clerecía, pois quería que fose sacerdote de Odín, pero aquel rapaz saíu un mozo vergalludo, que non parou ata casar cunha tal Estrela, Stella en latín, que era filla do centurión do Castrum de Vallis Viridis, en Bolannio, unha fortaleza que tiñan os romanos para protexe-la Vía de Asturias. Aquel Centurión, como bo romano, era máis suave e máis rastreiro cás cobras, así que lle propuxo ao Gómez facilitarlle cen escravos se decidía asentarse no Monte dos Cubeiros, daquela Mons Cuperio.
-¿Ursache, mein Schwiegervater?
Pero o outro, que non tiña, ou non atopaba unha contestación axeitada aos seus plan, quedouse calado, petrificado. Gómez insistiulle:
-¿Por qué, por qué o dis, querido sogro, querido so! ogro? ¡Non pretendo que sexas tan franco coma os francos, pero si máis explícito cós kalaicoes, vulgo ostrymnios!
-Rapaz, xa que insistes… Ese lugar, esa bocarribeira, ese acceso noroeste da serra do Miradoiro, está libre en canto terra agrícola, ¡que para iso che proporciono os cen escravos, pero…, ten anacoretas!
-¿Druídas?
-¡Non exactamente! Son cristiáns evanxelizados por aquel Iacobus, pero con tendencias panteístas. Sosteñen que, suposto que Deus é o fautor do mundo, das cousas deste mundo, montes e ríos, animais e árbores, ceo e terra, todas esas cousas son de Deus, son parte esencial de Deus, e xa que El as criou, xa que as animou, vere dignum et iustum est, equum et salutáre, adoralas! Así, entregados á natureza, esquécense da súa propia, tal e tanto que nin se casan, mais, ¡per Iupiter!, que temo un desbordamento seu, da súa vitalidade; que tódolos deuses nos libren de que lles dea por vir aos meus dominios en busca de sabinas, pois en tal caso a súa proliferación, o seu mestizaxe, vai ser de antoloxía, que ata teremos que evacuar medio Lucus para deixárlle-lo sitio! ¿Faste cargo?
-Fago, meu caro Schwiegervater, que así, se a túa filla e mais eu repoboamos ese Mons Cuperio, os anacoretas irán a polas túas netas, pero non a polas túas mulleres! ¡Grazas, amigo!
O suevo non estaba conforme, pero a filla do Centurión, si, e como daquela xa mandaban as mulleres, acabou cedendo, claudicando, tanto ou máis có Claudio romano! Colleu a súa herdanza, e botou man do cabalo para ir diante, para enfrontarse aos eremitas de presentarse problemas ocupacionais. Pero non os houbo. De chegado á Valga do Santo Estevo, polas praderías do Azúmara arriba, conferenciou co Vigairo dos eremitas chegando á conclusión de que era unha boa simbiose: Os anacoretas orarían e os suevos laborarían. ¡Ora et labora!, sería o lábaro da nova comunidade. Pero faltaba un detalle, o nome daquel couto, pois os ermitáns non llo deran, ¡que era tanto como darlle un nome ao Señor, ao Señor de Tódolos Nomes!
Dixo Gómez:  -Queridos irmáns: Isto, esta bocarribeira, é a entrada aos cubos do monte…, coa particularidade de que aí arriba, onde eu faga o meu asentamento, esas terras medio montesías, aínda que suaves, daranme a mellor vista desta Veiga do Azúmara. Con isto visto e sabido, nada mellor, nada máis expresivo, que poñerlle, Berg Land, e como os xermanos adoitamos aglutina-las verbas, quedará, definitivamente, polos séculos dos séculos, o topónimo de Bergland!
-Por nós, admitido, -contestoulle o Vigairo-, pero non te fagas ilusións pois o mundo romanizado tende á simplificación, e chegará o día en que abreviarán iso, quedándose en “Berlán”, que tampouco soa mal, pero perderase a Memoria Histórica.
Ao suevo, que era un pragmático, que se perdese a súa historia importáballe menos que a beleza do seu berg, con aquelas pastadeiras, que non as había mellores nas veigas do Rhin, das que procedían os seus entregos. A partir daquel intre, aquel Gómez e maila súa xente dedicáronse a decrua-las terras inherentes, comezando por elevarlles os correspondentes paredóns das sellas ás tres fontes do seu asentamento, a Fontiña, a Fonte Grande, e mailo Rego de Bergland, pois nunca suevo houbo que non comezase por adora-las fontes. Isto dos mananciais foi o seu tesouro máis prezado, que sen fontes, por moito que lles regalasen un terzo do país, nunca houbesen repoboado aquela Gallaecia anárquica dos romanos, da que o único que lles importaba era a súa requisa dos minerais, do trigo e do viño, desprezando o resto da xente e da campía. Como no pecado vai a penitencia, ¡sempre!, agora, polo século XXI arriba, aquela muralla que nos obrigaron a facerlles para acubillar as súas rapinas, sérvenos de caldo de cultivo para que nos visiten os turistas, entre outros, os descendentes da loba capitolina.
Aquí comeza a historia do noso Bergland, que non se perdeu de todo pois pasou das lareiras aos ordenadores, instrumentándome a min, que fago de ponte elemental, instrumental, e a moita honra! ¡Pola Patria fago o que sexa, que xa estou afeito!
oOo
Mentres construían a súa casiña, de pedra da canteira do Carballo do Val, e de lousa da Mouriña, con vigas da Regueira, os Gómez de Bergland, cos seus servidores, montaron unhas tendas de peles na Carballeira Grande. Non eran moi confortables que digamos, pero aqueles carballos abeiraban do Norte, que xa é moito. Collámolos nunha das súas conversas da lareira, onde a Stella do Vallis Viridis lle dicía ao seu marido:
-Marido, ¡que leda me tés por traerme ao teu Bergland! Se algo queda daquel paraíso do que nos fala a Biblia, este é o lugar, o seu emprazamento…
-¿Gústache olla-lo río, o Azúmara? Daquela, cando chegue o verán, voute levar para que te deas un baño a corpo enteiro, pero…, ¿e se te ven os anacoretas desa Valga do Santo Estevo? Teu pai díxome que non hai anacoreta que non sexa tentado da carne, maiormente da carne!
-Meu pai é un romano, e por tanto, un inquisidor. ¡Contigo ao meu lado, nada vou temer! Por se lles tes medo, podemos levar connosco ese cento de escravos…
-¡Non tal, que sería peor o remedio cá enfermidade! O que levarei será un toldo de peles, e póñoas en catro varas polo lado da Valga do Santo Estevo…, para evitar que se…, que se alporicen!
-¡Estás en todo, meu ceo!
-O meu ceo só ten unha estrela, ti, e cómpreme evitar o teu eclipse. ¡Deus, cómo brillas na miña noite montesía, canto de feliz me fas! O malo é que fuches remisa en parir…
-Xa che din dous, e agora secáronseme as regras.
-Eu quería doce; quería doce para fundar doce tribos, igual que fixo Israel.
-¡Xa! ¡E se non tes para darlles, que emigren! Pois as de saber que os tempos aínda non son chegados, que me dixo meu pai que os trirremes romanos non se atreveron a pasar da Fisterra. Din os augures que, andando os séculos, xurdirá un galego, ¡outro aventureiro!, capaz de reencontrarse con aqueles irmáns separados pola fractura da Atlántida; pero, iso, para cando? No ínterim temos que conformarnos co mundo romano, e xa non é pouco que vos concedesen un terzo, que non todos teñen, nin terán, outra tanta herdanza!
Nunca roñaban, e iso que eran de dúas razas; o de tronzarse os matrimonios foi un invento das xeracións cómodas, das acomodadas. Comezaba a primavera, e coa primavera todo renace, todo empeza. Pero había que darse présa coas decrúas, paralizando incluso as obras do fogar, pois a natureza non agarda pola xente, e as estacións son curtas, maiormente para poñer en produción aquelas superficies que tantos anos levaban dedicadas á deusa Silvana. Os herbívoros estaban ledos: aínda quedaban hedras nos carballos, pero xa medraba a herba tenriña nos claros do bosque; e logo que se aproximaba a época do apareamento de moitas especies. O malo, o penoso, era para os humanos, que tiñan que traballar desde o orto ao ocaso, tronzando con aquelas serras de aire que tanto aire precisaban para darlles o recorrido necesario, e arrincando seguidamente as raíces da árbore caída cunhas petas de ferro herdadas dos romanos, que as facían tan pesadas porque eles non as utilizaban, e os escravos…, ¡para iso son escravos, que canto máis derreados menos protestan! Coa cerna daquelas árbores os artesáns ían elaborar arados de madeira, con punta de ferro, outro invento daqueles romanos, tan inventeiros eles que todo o discorrían con tal de que lles fixesen o traballo ao seu xeito. Pero os suevos, que viñan afeitos a sacarlle rendemento ao gando, que non ao persoal, pola súa parte inventaran o xugo e mailas loras, así que era cousa de manter ben as vacas para arar con elas os campos despexados.
Aínda sen lousar, tanto a casa coma os seus alpendres, pero coas cortiñas aradas e gradadas, o suevo Gómez foise co carro á de seu pai para proverse de coles, repolos, cenorias, allos, cebolas e demais verduras de horta. Desde que remataron o seu plantío convocou na carballeira grande a tódolos escravos, homes e mulleres, e díxolles:
-Vouvos comunicar a gran decisión da miña vida: Convenceume o vigairo deses eremitas da Valga do Santo Estevo para que me bautice, para que me incorpore á Igrexa de Cristo, así que estades invitados á cerimonia, que terá lugar mañá mesmo, aquí mesmo, na Fonte Grande deste lugar de Bergland. Daquela, como cristián, non podo, non debo, admitir a escravitude, así que, ¡atendede!
Vou delimitar con estacas os termos, as lindes, das terras que me reservo, e co resto farei grandes parcelas para todo aquel que as queira traballar. O noso limes só terá por confines aquelas terras que estean ocupadas polos romanos. Pero calade, que non estou aquí para recibir os vosos aplausos, senón para agradar ao Señor Xesús. Prosigo:
Aquel que se queira quedar comigo, á miña sombra, ao meu amparo, ese tal, sen prexuízo de recibir o seu lote de terras, considerareino criado, e terá a súa recompensa, sexa en denarios ou en especie. ¿Non hai preguntas?
Si que as houbo, sendo o primeiro en falar un tal Adrao:
-Vostede, polo que entendo, está creando a freguesía do Monte Cupeiro, ¿non si?
-¡Efectivamente! E ti quedas proclamado Comendador dos eremitas. Estableceremos un conventus nun punto central, con xurisdición propia, cárcere, picota, e todo iso. A única conditio sine qua non que me impuxeron eses frailucos é a de que se reservan o dereito de pernada, séxase, a prima noctis das vosas mozas. ¡Con todo ser moito, coido que peor será continuar de escravos! ¿Aceptades?
As que máis aplaudiron foron as mozas, precisamente elas, que xa lles tiñan posto o ollo aos eremitas, uns homes barís e ben mantidos. ¡Así naceu Bergland, e a partir de Bergland, a parroquia do actual Montecubeiro! ¿Que cómo o sei? ¡Vantaxes de ter avós!
Xosé María Gómez Vilabella
A Voz de Galicia 08/02/09
<o:p></o:p>
<o:p> </o:p>
<o:p> </o:p>
8/2/2009 Os mellores séculos de Castroverde<o:p></o:p>
Un ciclo da Asociación de Amigos do Patrimonio achega a historia local aos estudantes da man dun profesor da USC natural do municipio<o:p></o:p>
Autor: <o:p></o:p>
Data de publicación: <o:p></o:p>
00da noticiaEnvíando datos… Espere, por favor. <o:p></o:p>
Volver<o:p></o:p>
O actual municipio de Castroverde é unha zona cunha historia chea de acontecementos e épocas de esplendor, como o testemuñan os numerosos vestixios que quedaron de todas as etapas. Para difundir o seu coñecemento entre os estudantes, a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde e o C.P.I. organizaron unha conferencia, impartida polo profesor de Historia da USC Hortensio Sobrado, natural deste concello.<o:p></o:p>
Na campaña 1987-88 foron efectuadas escavacións arqueolóxicas na Cova dá Valiña, do Paleolítico superior. O profesor sinalou que alí estiveron os primeiros poboadores e apareceron os restos de animais e os materiais líticos máis antigos.<o:p></o:p>
Tamén do período prerromano hai destacadas mostras da actividade humana nesta parte da provincia mediante a existencia de castros. No alto medievo, Sobrado referiuse a un acontecemento considerado case mítico. Trátase da batalla do Monte Medulio que, segundo dixo, atribúenlla en lugares moi distintos, pero segundo algúns indicios puido ser en Montecubeiro. Precisamente, nesta parroquia tamén se desenvolveu no século VIII a batalla contra o rei Silo, na que se enfrontaron este monarca asturiano e os nobres galegos.<o:p></o:p>
O profesor, especialista na Idade Moderna, referiuse aos vestixios de cenobios, como a igrexa de Soutomerille, na que os especialistas non se poñen de acordo se se encadra no estilo hispanovisigótico ou no mozárabe, dadas as analogías que pode haber.<o:p></o:p>
O señorío de Castroverde é un período especialmente interesante, a tenor do sinalado por Hortensio Sobrado. O castelo centrou a atención e as sucesivas familias de nobres ás que pertenceu. No século XIV pertenceu aos condes de Lemos e 200 anos máis tarde pasou a mans dos Altamira, que tivo alí o señorío e que o conservou durante dous séculos.<o:p></o:p>
A Idade Moderna, desde o XVI ao XVIII, Castroverde atravesa un bo período económico, baseado na actividade agraria e gandeira; aumenta a poboación e hai algunhas actividades complementarias, entre as que destaca o tecido de liño en Montecubeiro, parroquia que, como quedou patente na disertación, mantivo un protagonismo constante ao longo dos séculos.<o:p></o:p>
Sobrado, que foi presentado polo presidente de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Manolo Muñiz, referiuse igualmente aos fidalgos que ocupaban os pazos de Vilabade, Carballedo e Pena, así como á Casa de Vilariño de Rebordaos e Cellán de Mosteiro. Familias como os Osorio ou os Santiso alcanzaron gran influencia e poder.<o:p></o:p>
<o:p> </o:p>
Os alumnos do colexio de Castroverde profundaron nos seus coñecementos sobre a historia local<o:p></o:p>
Conferencia do historiador Hortensio Sobrado, nado no Concello
Breve resume da conferencia de Hortensio Sobrado<o:p></o:p>
<o:p> </o:p>
O luns, día 2 de febreiro tivo lugar a primeira conferencia do ciclo da historia de Castroverde. Hortensio comenzou facendo referencias á prehistoria e, máis concretamente ao Paleolítico superior. Desta época temos boa mostra en Castroverde, na Cova da Valiña en Bolaño. Facendo referencia aos destrozos que tivo a Cova nos anos 1.960, onde se destruíron uns 15 ou 20 metros da cova. Logo explicou como nos anos oitenta foi excavada por un grupo de arqueólogos, entre os que se encontraba un dos nosos socios, César Llana. Na cova encontráronse restos de animais moi diversos, desde restos de hienas, cabalos, osos, xabaríns, bisontes, coellos, lebres, cervos… , todo isto está a dicirnos que a cova estivo habitada hai uns 30.000 anos. Non se acharon só restos de animais, senón tamén industria lítica, é dicir, pezas de cuarzo, caliza, etc. ata un total dunhas 130 pezas, que nos están indicando que a cova estivo habitada. Lástima que a cova non estea totalmente estudada, limpa, sinalizada e recuperada para un museo.<o:p></o:p>
Se isto o tivera outro pobo, estaría totalmente recuperada.<o:p></o:p>
Logo pasou a falarnos da cultura do Neolítico, que en Castroverde temos poucos restos, mais hai referencias como poden ser as covas dos mouros en Marrondo e topónimos que fan referencia a esta época, como poden ser o Xuncal en Espasande, Cellán e outros restos en parroquias como Serés, A Meda, Miranda ou lugares como Santadrao, etc.<o:p></o:p>
Seguindo pasou á Idade de Bronce, onde non temos restos. Logo fíxonos referencia á época castrexa (S. VI a. de C. S. IV d. de C.) Castros témolos por todo o Concello e, onde hai unha parroquia ou lugar alí hai un castro. Citamos o Castro Peón, a Croa de Soutomerille e o Castro da Pallota (prácticamente desfeito), todos eles na parroquia de Soutomerille, a Croa de Xivil, o Castro onde está a fortaleza de Castroverde, os castros de Goi, as Croas de Pereiramá, o Castro do Vilar, a Croa de Furís, etc. <o:p></o:p>
Da época romana, referencias a Montecubeiro e, a un dos posible lugares onde os nosos antepasados se inmolaron antes de ser conquistados polos romanos. <o:p></o:p>
Da época medieval. Temos referencias, polo menos, na toponimia, aos Suevos: Recesende, Frontoi, Vilacote… Referencia ao condado do Flamoso. Un dos once condados de Lugo. Da época visigoda, temos a aspilleira de Soutomerille, aínda que haxa a discusión se é mozárabe ou visigoda. Temos mostras desta época alto medieval, nos sartegos de Recesende ou Goi.<o:p></o:p>
Referencias a San Martiño de Bolaño, Vilabade, Soutomerille, Cellán, etc.<o:p></o:p>
Finalmente fíxonos referencias á Fortaleza, desde a época dos Castro de Lemos, pasando polos Altamira. Explicando o que rodeaba o castelo, as posesións e construción do mesmo, ata o estado no que se encontra actualmente.<o:p></o:p>
Xa para rematar, alusión á importancia de Castroverde e á súa Fidalguía que podemos ver nos pazos de Vilabade, Carballedo, Folgueira, Cellán, Villarino de Rebordaos ou outras casas grandes, dos Osorio, dos Llamas, etc.<o:p></o:p>
Dicir que toda a exposición estivo ilustrada cunha presentación de todos os restos e monumentos. É dicir, que foi unha exposición moi ilustrativa e sintética, felicitacións e, moitas grazas, Hortensio. <o:p></o:p>
Saúde e Terra. Manolo Muñiz<o:p></o:p>
<o:p> </o:p>
Historias intra da bisbarra -VIII-
MIRANDO ATRÁS SEN IRA, SEN AUTOODIO
Parte II
Achegas de
<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
<o:p></o:p>.chegas de
ntra da <o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Xosé María Gómez Vilabella
Despois falou, e tamén o gravei, a miña dona, que do fío das historias precedentes contounos a súa experiencia, o seu fracaso persoal como ensinante, cunha alumna da súa primeira escola, aló en Pousada, que é da Pastoriza:<o:p></o:p>
-Fai tanto tempo que non exerzo, que a miña historia xa terá as raiceiras secas, secas ou fondas. Un día, vindo de Asturias, que sempre pasabamos por Meira, lembreime daquela cativa tan graciosa e tan aleuta, e ocorréuseme preguntar pola casa dela, que non debía cadrar lonxe daquel punto.<o:p></o:p>
-¡Verás ti qué sorpresa tan grata se leva, que aquela boneca era un sol, das poucas! -Díxenlle aquí ao consorte, para xustificarlle aquela desviación da nosa ruta habitual.<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
A casa da alumna quedara magnífica, impresionante, despois dunha reforma modernista, que non moderna, tanto, que non a recoñecín ata que unha veciña ma sinalou: ventás de aluminio, do pobre, sen anodizar, pero…, ¡unhas soleiras de mármore, na mesmísima porta que dá ao camiño, á currada! ¡Un televexo dun metro de pantalla en diagonal que para velo comodamente habería que irse ata o sitio onde poñían antes o palleiro, alén da ventá, séxase, de par das loureiras…! E con iso, outras cousas, igual de superfluas e igual de macarrónicas. Quedámonos dunha peza, ¿non si marido? Ata me arrepentín da miña ocorrencia. ¿As cortes…? ¡Nin que fosen do Rei! Aquelas vacas…, ¡todas co Vélaro de Ouro, cos elos de latón marelo, ao colo, e co cagadeiro tamén de mármore, tras súa, mesmamente como llo poñían ao Luis XIVde Francia! Do silo, ¡dos silos!, xa non digamos, que case afogo, que os situaron na eira, entre a casa e maila finca da porta, ¡pero…!, pola parte dos ventos dominantes, e a min todo se me volvía soba-lo nariz, ¡para conte-la respiración!<o:p></o:p>
As apertas tamén foron boas, boas e moitas; ¡tanto, que servirían para aprobar unha disciplina de arte dramática! A miña “ex-cativa”, hoxe señora, ou máis ben, gran señora, mentres me beixaba, ¡cara a fóra, coma quen dispara bicos por tras da orella!, todo se lle volvía mirar para a casa dos veciños, como esperando a casualidade de que mirasen eles polas súas ventás, e a visen tan honrada coa visita da súa Mestra. Polo menos, isto é o que percibiu o meu Xosé María, que para esas cousas das próximas é un mal pensado, ¡que nin que fose da CIA, que non o é!<o:p></o:p>
-¡Vanessita, no me oyes! ¡Baja un momento, que te vou presentar a la mi Maestra!<o:p></o:p>
-¡Mumuchi, ahorita no te puedo, que me estoy haciendo la depi!<o:p></o:p>
-¿Entonces, vas a salir?<o:p></o:p>
Non lle contestou, que os rapaces de hoxe en día non contestan as preguntas estúpidas. Baixou aos poucos, cun pantalonciño claro e moi estreito, tan transparente, case de tule, que ata os cegos lle podían apreciar aquel cegador suxestivo dunhas bragas estreitiñas, ¡e mouras, tan mouras coma o acibeche!<o:p></o:p>
-¡Ah, hola! ¿Soides de Lugo, no? -E sen agardar pola resposta: -¡Voime a Meira, con este chico de la Honda! ¡Le tengo ligao! ¿Es un tío da butti, a que sí?<o:p></o:p>
Xosé María con iso tivo abondo, e sobroulle, que non podía máis, así que lles dixo, pero en galego, que para chapurro abondaba co daquelas propietarias, co daquelas damiselas:<o:p></o:p>
-¡Rapaza, perdoa, pero…, a min, máis que un tío, paréceme un sobriño! ¡Que che aproveite!<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Menos mal que este home é tan críptico, que ata foi unha sorte que non o entendesen, ou non lle fixesen caso, que miúdo apuro pasei. A miña ex-alumna, díxolle á filla, por toda despedida, segundo ela nos tiraba uns bicos coa punta daqueles dedos tan ensortellados:<o:p></o:p>
-¿Vas durmir en casa, o pecho la puerta?<o:p></o:p>
-¡Te tengo una llave maestra! ¡Que también hay llaves maestras! ¿Sabedes? ¡Chao, nenes!<o:p></o:p>
A nai seguiu presumindo:<o:p></o:p>
-La estudiamos para Maestra, pero…, ¡ganan tan poco! Así que lo dejó, que con cien vacas, dos criados y mi marido.., ¡que traballen los pobres!<o:p></o:p>
Aquí ao meu home entroulle o telele, e nin me deixou aceptarlles aquel café tan ofertado. Encima diso, tíveno que desculpar:<o:p></o:p>
-Xa volveremos noutra ocasión, que Xosé María seica ten que verse con ese Ferreiro de San Martiño, que son grandes amigos desde a guerra do Ifni. ¡Ah, ten a nosa tarxeta…, por se ides á Coruña!<o:p></o:p>
-¡Sólo te vamos a suministrar, a los híperes! ¡Ya sabes, ida por vuelta, que hai que darles el penso a las vacas, cada seis horas, y una no puede fiarse de los criados; mira, igual, igualito que la teta a los niños!<o:p></o:p>
Xosé María arrancou feito unha fera, incluso contra min…; ¡e ata hoxe!<o:p></o:p>
Daquela díxome o de Pol, dirixíndose precisamente a min:<o:p></o:p>
-¡Non te facía tan mal educado! ¡Chupatintas tiñas que ser!<o:p></o:p>
Pero foi a miña muller a que lle contestou, botándome un capote:<o:p></o:p>
-¡Non, non é así, que a mal educada fun eu! ¡Eu, que me puxen a educar sen saber educar, sen ter unha variña máxica, que aquela de abeleira nunca a usei, salvo para sinalar no mapa! Tamén teño remorsos da miña, reducida, e temperá, pedagoxía, que lles deixaba discorrer pola súa cabeza antes de que estivese de moda facelo así. ¡Formar un neno é algo máis difícil que facelos, bastante máis!<o:p></o:p>
…<o:p></o:p>
En vista de que aquel experimento das experiencias persoais de cada quen nos traía malos recordos, apaguei a gravadora e tratei de escapulirme, propoñéndolles unha partida de xadrez, e que as mulleres se fosen aos pasteis, que por alí cerca ben deles hai, que os pagaría o que perdese a partida, pero todos coincidiron contra min en que non está ben arma-la danza e non saír a bailar. Entón, para binar, faleilles do porvir, xa que o pasado…; ¡o pasado tiña de todo, remorsos incluídos!<o:p></o:p>
-Ben, está ben, non me porfiedes máis, que xa me decido a falarvos do futuro, cambiando de disco, pero, por levarvos a contraria, esta nova historia, a que me pedides, como aspirante a vate, ou se por tal me tedes, vai ser diametralmente oposta ás vosas:<o:p></o:p>
As tres contistas mirastes para atrás con ira, pero eu vou mirar para adiante con…, ¡con esperanza, posta maiormente na xuventude do século Vinte e un! Velaquí, que volo vou demostrar, pero, primeiro, tedes, temos, que estar un minutiño cos ollos pechos…, para imaxinar que xa levamos corridos, por exemplo, vinte e cinco anos do século Vinte e un. ¿Vale?<o:p></o:p>
…<o:p></o:p>
-Xa podedes abri-los ollos, que a estou cocendo, e vou empezar por…, ¡por onde se comezan os cestos!<o:p></o:p>
O Iván e maila Vanessa, que por certo non a debedes confundir coa Ester Vanhormigh, que estoutra non é roiba, viviron felices, das rendas que lles acumularon seus pais, aqueles pais tan desprezables que soamente souberon traballar, pero iso si, arreo, nas granxas respectivas; unha explotación de vacas pintas, por máis señas.<o:p></o:p>
Iván e Vanessa coñecéranse bailando, ou similar, nun puticlub deses da estrada do Corgo; e acabaron casándose de penalti, máis ben polas presións das familias respectivas, pois eles crían no amor libre… ¿Sabedes o que é iso? ¡Non, supoño que non, que no noso tempo non se estilaba!<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
¡Vou un pouco á presa para chegar axiña ao ano vintecinco…, do Vinte e un!<o:p></o:p>
Iván e Vanessa cataran de todo na vida, xa antes da súa maioría de idade, por dentro e por fóra. ¿Para qué especificar? ¡De todo! Droga, homo  e heterosexualidade, atracos con medias de seda, amenceres ás dez da noite e anoiteceres ás dez da mañá… Gratísimas experiencias todas elas…, ¡de noxo!, que os levaron, non se sabe se primeiro foi o Iván, ou a Vanessiña, a un afectuoso contaxio da SIDA, que rematou con aqueles próceres en Lugo, no Hospital.<o:p></o:p>
O fillo do Iván e da Vanessa criouse no orfanato, e alí ensináronlle, como procedente da aldea, elementos de Cultura Pratense, pero ao chegar aos dezaoito anos, puxérono de patiñas na rúa, na estrada, como é regulamentario.<o:p></o:p>
Paralelamente a eses acontecementos, un tal Derham uld Fadel fuxira do cárcere de Sidi Ifni, do seu penal, un Centro de Convinción que puxeron alí os marroquíes… Derham lera a fuga de Dantés do castelo de If, coa diferenza de que o saharauí, experto naqueles sistemas de camuflaxe do Polisario, fíxose envolver en mantas de pelo de camelo; e así, acolchado, tirárono desde o cantil, polo muro de atrás do que foi Cuartel Xeral dos Tiradores. Despois do correspondente batacazo na rompente do mar, un cómplice, ou colaborador, seu, desatouno, e deron en remar, nun cárabo…, ¡ata Fuerteventura!<o:p></o:p>
-¿Os canarios, sempre tan obsequiosos e tan amables, non o devolveron a Marrocos?       Preguntou daquela a miña dona. Era visible que non incardinaba moito no século Vinte e un, así que lle tiven que aclara-la situación:<o:p></o:p>
-¡Pero, muller, cómo dis iso! ¿Non sabes que despois daquela guerra fría, aquela que tivemos con eses veciños, aquilo da Marcha Verde, e demais, xa non hai extradición? ¡Da recíproca, se entende!<o:p></o:p>
-Non sei se estarás ben informado, que eu coñezo un pescador de Burela, analfabeto en millas náuticas, que nolo devolveron hai pouco; iso si, despois de cobra-lo rescate, ¡que precisamente foron a Rabat, para pagalo, dous Mercedarios, deses de Sarria!<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
-¡Ben, si, que xa o sei, pero iso é unha extradición unilateral, ou máis ben, unha extracción! Prosigo: Derham uld Fadel fíxose con algún carto, e entón deu chegado a Galicia, onde a nosa Xunta lle arrendou o kibbutz das Veigas dos Feás, entre Pena e Montecubeiro…, ¡que para daquela xa crebara como Cooperativa de Protección Oficial!<o:p></o:p>
Agora, ese Derham, ten alí, nesas Veigas, un campo de liño, que por certo dá xenio verllo. ¡Xeración de ricos, relevo pobre!<o:p></o:p>
-¿Quen llo traballa, que ese val é enorme?  -Preguntoume o Mestre de Pol, asombrado da miña profecía.<o:p></o:p>
-¡Xa vou, Xefe! Contrata, a tempo estacional, a eses orfos que se van preparando na Escola de Formación Profesional… Os pobres gañan vinte euros, ¡diarios!, e trabállanlle de sol a sol, ¡que outro tanto non conseguiron aqueles Faraóns! Como vedes, ¡detrás de tempos, tempos veñen! Así está amasando unha fortuna ese Derham, que xa está montando unha fábrica de tecidos en Castroverde, ¡para completa-lo seu proceso de explotación dos seus liñares! ¡Deixámonos invadir, meus nenos, polos que antes foron, case, case, os nosos escravos! Como isto siga polo camiño que vai, teremos que volver a Covadonga…, ¡pero con lanzas de abeneiro!<o:p></o:p>
-¿Dos seus liñares, dixeches; así, en plural?<o:p></o:p>
-¡Non acabades de entendelo! ¡Derham uld Fadel ten tres liñares, un por cada Municipio destes que se formaron, que se constituíron, ao sopé do Miradoiro! ¡Como se ve que sabedes de memoria o proceso de desintegración da URSS, por exemplo, e pasouvos desapercibido o da suciedade española!<o:p></o:p>
-Marido, corrixe, que dixeches suciedade por sociedade…<o:p></o:p>
-¡Traizóns do meu subconsciente, muller, que isto de adiviña-lo porvir dun mundo tan esmendrellado é unha coña!<o:p></o:p>
-¿E que, qué máis?  -Preguntou daquela a Mestra do Cádavo, que lle debeu parecer curta a profecía.<o:p></o:p>
-¿Queredes máis? ¿Non chega co vaticinio que vos fixen? Ti, tan relixiosa, ¿vas crer nestes agoiros, nestas bromas, nestes futuribles? ¡Non, muller; foiche unha broma pesada; pesada e pasada, un pesadelo! Ten por seguro que camiñamos cara a un mañá que nos promete Patria, Xustiza e Pan… ¡Pantrigo, por suposto!<o:p></o:p>
-Oes, camarada, iso sóame…, ¡pero non me lembro de qué!<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
-¡Que pouca memoria tedes! Andades coma don Manuel Reigosa, que se esqueceu de que tiñamos sen organizar esta celebración, e foise escoitar á Ana Kiro; ¡tan fresco, pero sen a súa comparsa, sen o seu séquito, nós! Se non fose pola súa responsabilidade, persoal e de hábitos, ¡eu xa estaría pensando mal!<o:p></o:p>
-¡Marido, vai poñendo punto final e arranca para a nosa Coruña, que estes amigos de Lugo xa te aguantaron, abondo, demasiado!<o:p></o:p>
-¡Deica logo, rapaces!<o:p></o:p>
-¿Deica logo? ¿Para cando…?<o:p></o:p>
-Pois, se antes, non, no Ceo igual volvemos aos contos, en particular aqueles das lareiras…; ¡iso se nos deixan, que no Alén seica hai moita seriedade, o único serio, que esta terra, a nosa incluída, pouco vai a mellor!<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Corolario:<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Poida que neste momento, nalgún recanto de Galicia, estea morrendo un vello que leve consigo á tumba o eco lonxícuo dunha lenda, ou un caudal de palabras sonoras e expresivas, que ninguén dará a coñecer entre os vivos. … Mais a nosa angustia ten, de pensarmos un pouco, un alivio inmediato: Toda lenda ou verba aparentemente desaparecida deixará unha engurra na conciencia da Terra Galega.<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Ramón Otero Pedrayo,  no seu, Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega.<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Algo levo clamado nas nosas reunións, máis ben gastronómicas, destas Asociacións de Xubilados e Pensionistas para que se nos designe algo así como Guías Honoríficos do Turismo Rural, coidando que deste xeito teremos ocasión de impartir, ou de compartir, de perpetuar, ditos, feitos, contos e belezas, ou tristuras, da bisbarra respectiva. Polas trazas, moito caso non se me fixo, que dos vellos, hoxe en día, espéranse outras cousas máis…, ¡máis prosaicas! Nesta angueira, nesta frustración, apelo ás Autoridades da Cultura, encabezándoas co citado, co irrepetible, D. Ramón.<o:p></o:p>
Vai por estes vellos, e a través dos vellos, ben cordialmente, para estes mozos do século XXI, aos que lles incumbe reconstruír e/ou conservar, tantas cousas, tantas tradicións, ¡unha cultura inxente e polifacética!, antes de que sexa tarde, antes de que se perdan os nosos alicerces, antes de que se evapore este hálito fecundo, fecundador, das nosas carballeiras e dos nosos ríos, e tamén o daqueles entregos que souberon facer da nosa Galicia unha illa receptiva, acolledora, asimiladora doutras culturas afíns, sen por iso deixar de ser autosuficiente e conservadora, estimativa e agradecida do seu herdo patrimonial, histórico!<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Polos anos 40 xa dona Emilia poñía os seus “Nacimientos” en Millares, Valeira; despois fóronse para Lugo, e seguíu con esta devoción. Chega con botarlle unha ollada á hemeroteca de El Progreso para comprobar que se anticipou, ¡en décadas!, ao Belén de Begonte, por citalo como referente, sen establecer outro tipo de parangón, que non vén ao caso.
Xosé María